A punto...

>> 21 dic. 2009

Ao longo desta semana realizamos varios traballos co fin de preparar todo o necesario para comezar a fotografar as tomas que formarán a primeira escena da curta.
Continuouse coa maqueta do deserto. Para conseguir un mellor efecto e que os bonecos non se deterioren ao estar encima da area, empregamos unha técnica que consistiu, en primeiro lugar, en retirar parte da area da tea azul. Logo, esta foi mesturada con cola, para despois esparexela de novo. Unha vez que secou, botámoslle unha pouca máis area para mellorar o efecto.
Tamén fixemos unhas probas para ver se podiamos facer máis flexibles os bonecos de plastilina endurecidos polo frío e polo tempo, aplicándolles calor.
Por último, Abel estívonos explicando como manexar os programas de montaxe de vídeo que imos empregar para realizar esta curta.
Esta semana contamos con comezar xa coas fotografías das escenas da batalla inicial.

Read more...

Deserto e maquetas

>> 7 dic. 2009

O traballo realizado esta semana consistiu en continuar coas tarefas de maquetas, especialmente centrándonos nas casas. Por outra parte, tamén comezamos a pegar a area do deserto á maqueta azul, para que así non deteriore a paisaxe nin aos bonecos de plastilina.
Este mércores tamén recibimos a visita do guionista, realizador e director de fotografía Paco Rañal, que nos deu varios consellos para levar a cabo o noso proxecto con máis facilidade. Na imaxe podemos ver un dos esquemas que realizou, firmado por el.

Read more...

Tres traballos simultáneos.

>> 29 nov. 2009

Esta semana dividimos o traballo en tres grupos diferentes. Un deles encargouse de facer outra proba semellante á da semana pasada, fotografando a primeira escena. Outro continuou coa elaboración do decorado e de obxectos necesarios para futuros emprazamentos. O terceiro grupo encargouse de buscar na rede sons que poidan ser empregados na curta, especialmente de armas, para engadirlle ás imaxes unha vez completada a montaxe.
Este martes tamén vimos o resultado das probas realizadas a semana anterior, o que foi moi gratificante.

Read more...

Modelaxe con plastilina

>> 20 nov. 2009

O traballo a realizar nesta xornada, pretende iniciar os aumnos/as na modelaxe con plastilina.

Propoñemos un modelo de personaxes e guiamos cunhas pautas:
1) Os personaxes deben ter personalidade propia
2) Debemos traballar en varias escalas
3) Os bonecos contarán con algunha estrutura para poder cambiar só a cabeza, brazos etc.
4) Non debemos utilizar as cores azul nin verde

Por outra banda, outro grupo de traballo está a traballar na maqueta.
1) Trouxemos barro natural dunha barroeira situada na aldea de Ouzande
2) Tratamos o barro pasando por unha peneira para simular a area do deserto
3) Colocamos unha moqueta con obxectos debaixo para falsear unhas dunas
4) Fixemos fotografías para comprobar que o efecto é o desexado

Read more...

Primeira proba de gravación

Realizamos a primeira proba de gravación
1) Fotografamos a maqueta do deserto
2) Fotografamos as personaxes principais da guerra
3) Utilizamos bonecos sen definir porque comprobamos en sesións anteriores que se manchan moito co barro
4) Fixemos 150 fotografías que darán como resultado uns 28 segundos
5) Explicamos o que pretendemos con este traballo
6) A finalidade é poder visualizar unha toma para perfeccionar detalles de cara ás tomas definitivas

Read more...

Primeiras probas de gravación

Estamos xa a punto de comezar a rodar. O traballo desta semana consistiu en facer unhas pequenas probas de gravación, para ensaiar como se farán as primeiras escenas da curta. Estas probas realizaronse a partir do guión técnico elaborado a semana pasada. Para facer estas probas, as persoas que elaboraron cada parte do guión encargáronse de mover os seus respectivos personaxes. Despois de cada pequeno movemento, outra persoa ía tirando cada unha das fotografías que, unha vez elaborado o vídeo no ordenador, darán sensación de movemento.
Unha vez que vexamos dito vídeo, saberemos onde cometemos erros e, por tanto, que é o que temos que ter en conta á hora de fotografar as verdadeiras escenas.

Read more...

Imaxes do guión técnico






Read more...

Primeiro guión técnico

>> 15 nov. 2009

Esta semana, o traballo realizado foi a elaboración do guión técnico da parte inicial da curta, a guerra. Dividímonos en pequenos grupos de traballo, e cada un deles encargouse dunha escena, que foi representada graficamente con debuxos e esquemas. Ordenáronse todos estos bosquexos e conseguiuse un esqueleto do que será a guerra, o que será moi útil á hora de comezar a gravar.
Por outra parte, tamén comezamos a manexar algúns termos específicos á hora de nomear os distintos tipos de planos (primeiro plano, plano xeral...) para así entendérmonos mellor entre nós e empregar o mesmo vocabulario.

Read more...

Guión técnico

>> 14 nov. 2009

Hoxe traballamos no guión técnico.
1) O director presenta ó grupo a idea da primeira toma
2) Indica as escenas que deben ser imprecindibles e as que poden ser modificadas a criterio dos alumnos
3) O profesor de plástica oriéntanos sobre os aspectos técnicos en canto á orientación do tiro de cámara etc.
4) Un grupo de alumnos debuxan uns bosquexos para o guión técnico sobre a primeira toma.
5) Outro grupo escanea as imaxes para subilas á aula virtual, onde compartimos a información do noso traballo

Read more...

Un exército case ao completo

>> 8 nov. 2009

O traballo realizado esta semana centrouse especialmente en rematar o maior número de personaxes posibles, para así poder comezar pronto coa rodaxe da primeira escena, unha guerra entre dous bandos ben diferenciados que dará orixe á historia do noso protagonista.
Á parte da elaboración de ditos personaxes, tamén se comezaron a facer as primeiras fotografías na maqueta do deserto, elaborada a semana pasada. Deste xeito, saberemos se a luz é a adecuada, como teremos que mover os personaxes... Pouco a pouco iremos adquirindo práctica e cada vez será máis doado.

Read more...

Saímos na tele!

>> 31 oct. 2009

Este foi o programa emitido pola TVG na mañá do sábado 31 de outubro, a raíz da visita que nos fixeron o pasado martes. Estades tod@s estupend@s!

Read more...

A TVG vén a coñecer o noso proxecto.

>> 29 oct. 2009

Read more...

Primeiros pasos no deserto

Read more...

Presentación de Dairas á prensa

>> 21 oct. 2009


Hoxe presentouse á prensa o novo proxecto do Taller de Expresión artística do MGB, "Dairas", unha curtametraxe de animación sobre a vida nos campamentos de refuxiados saharauis. Neste novo proxecto están implicados os profesores Miguel Carbajal, Xoán Xosé Pérez e Álvaro P. Vilariño. Con eles traballarán uns 20 alumnos e alumnos de ESO e Bacharelato.
Podedes ler as reseñas completas aparecidas no Faro de Vigo e na Voz de Galicia.

Imaxe: Campamentos de refuxiados saharahuis, Tinduf, Arxelia, 2006. Fotografía de Santiago Berges

Read more...

Grupo de documentación

>> 20 oct. 2009

Hoxe creamos o grupo de Documentación do proxecto. Trátase de recabar información e poñela a disposición do resto de membros do equipo nun espazo virtual propio (e cando falamos de "información" falamos de textos, de fotografías, de vídeos, de sons...)
Marta e Miriam van ser as encargadas do equipo de Documentación, non en van son xa "profesoras" no curso de Moodle que temos creado para dar cabida a toda esta importante base de datos documental.
Un espazo que tamén nos pode valer para as nosas comunicacións internas, e onde quizais poidamos facer algunha "premiere" inicial só para os membros do grupo (ou sexa, unha estrea dos primeiros segundos da curta...)

Read more...

Primeiras probas con Croma Key

>> 13 oct. 2009

Tomas falsas:

Gato:

Monstro glotón:

Read more...

Fotografías cabeceira e laterais

Mamen Fernández Blanco

  © Blogger templates Sunset by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP