Primeiro premio á innovación educativa

>> 24 nov. 2010

 Esta é a resolución efinitiva dos premios á innovación educativa. 

Categoría ESO/bacharelato:
1º premio:
- Un primeiro premio
Título do proxecto: Dairas
Coordinador: Miguel Ángel Carbajal Porto
Participantes:
· Xoan Xosé Pérez Viéitez
· Álvaro Pérez Vilariño
· María José Varela Frade
Centro educativo: IES Manuel García Barros. A Estrada.
(Pontevedra)

" Alumnos e alumnas que traballastes no proxecto e sobre todo que estivestes nos momentos bos e malos. Os máis comprometidos, e os que máis aportades a tódolos traballos sodes vós...noraboa e grazas polo voso traballo "
Miguel Carbajal

Read more...

Dairas en Curtopia

>> 17 nov. 2010


Dairas foi proxectada no día de onte na mostra de animación galega dentro da programación oficial .Certame internacional CURTOPIA de Vigo.
Os profesores Xoán Xosé Pérez e Miguel Carbajal asistiron ó acto e puideron explicar o proxecto aos espectadores.
É moi emotivo ver proxectada a curta nestes foros. A proxección realizouse no museo de arte contemporáneo  " MARCO "
Ó remate do acto xuntámonos os representantes dos traballos seleccionados coa dirección do festival para tomar un pincho...a dirección fíxonos saber que Dairas tivera moi boa acollida.

En representación do IES acudiron á cita dous profesores e un alumno que participaron na curta.
Ó finalizar as proxección xuntámonos nun local fantástico onde se respiraba arte por todas partes. Un local moi agradable situado mesmo detrás do museo. Neste espazo compártense numerosas perspectivas artísticas... cadros ou manualidades, e mesmo mesas e cadeiras restauradas e adaptadas por varios artistas, ademais de ser un lugar onde podes tomar algo. Aquí podemos ver a Xoan Xosé e Miguel charlando.....posiblemente sobre un próximo proxecto....

Nesta outra foto estamos os participantes do taller desprazados a Vigo, cos directores de Curtopia




Unha vez máis noraboa a todos/as alumnos/as que fixestes posible este soño...a recompensa é para todos, o mérito é voso.

Read more...

Carta escrita polo compañeiro e amigo Carlos Loureiro

>> 11 nov. 2010

Esta é a carta que esribiu Carlos Loureiro para invitar a participar no proxecto solidario ás/ós amigos poetas de Tabeirós Terra e Cuntis.

Prezado amigo......................:
Tal e como che comentara nun correo anterior sobre o proxecto dunha obra poética solidaria co pobo saharahui e tomando como base referencial a obra de DAIRAS, pois dicirche que isto vai para adiante e xa estamos a traballar polo que che pido a túa colaboración lírica. A idea é que a venda íntegra dos 1000 ou máis libros que se editen vaian para unha escola de Tinduf. Esta obra levaría unha serie de poemas centrados na temática do Sáhara, tan noticiábel precisamente estes días, a súa tradución ao árabe e tamén o DVD da obra DAIRAS. Consideramos que, ademais do seu aspecto solidario, isto pode ser unha ferramenta de traballo nas aulas ou en calquera outro espazo cultural. Como base de inspiración podes tomar toda a información que se poida achar no blog de DAIRAS, presente na nosa páxina web do centro (con pór “ies manuel garcia barros” en google xa vas entrar na nosa páxina e alí, do lado dereito vas encontrar o partado de “dairas”; por desgraza o máis importante está ao comezo, que no blog terás que ir até o final, xa que está temporalmente desde o comezo até agora) onde verás as ideas primixenias do Miguel Carbajal, de como concebiu a obra e demais...
Desde logo que canto antes estean nas nosas mans os poemas, máis pronto poderemos mandalos a traducir e a artellar a obra; pensamos que como máximo interesaría que nos chegasen antes do 11 de Decembro. Gustaríanos poder ter a obra nas nosas mans en xeneiro. Así que nos vaian entrando xa imos traballando, pero para esa data comezamos coa enmaquetación do libro, que levará dúas introducións: unha de Miguel Carbajal, o gran artífice da orixe deste proxecto, e outra do grande mestre, don Xosé Neira Vilas. Canto á extensión, non me gusta pórlle fronteiras á expresión polo que o deixo ao teu dispor. O libro está configurado con 56 páxinas para todo e a previsión está nuns/nunhas 20 autores/-as de Tabeirós-Terra de Montes-Cuntis...
Ben, recibe xa un solidario agradecemento e non dubides en preguntar calquer dúbida.
Carlos Loureiro

Read more...

PREMIOS CREARTE

>> 4 nov. 2010

Dairas na prensa

Read more...

Dairas proxéctase entre os mellores

É un soño feito realidade. Dairas será proxectado nun festival que nos amosa uns traballos da máxima calidade. Obviamente, a nósa calidade técnica non pode igualarse ós traballos profesionais...pero estamos aí...
MOSTRA DE ANIMACIÓN GALEGA – CURTOPÍA 2010
MARTES 9 de NOVIEMBRE de 2010
1) CHECKOUT – Ficción Producciones (2010)
2) 1977 – Peque Varela (2007)
3) RUN WITH THE WOLVES – Irreal Studio (2010)
4) O COIDADOR DE GATOS – Artefacto Producciones (2008)
5) LELO Y LAS ESTACIONES – MCCD (2008)
6) DON SEÑOR E O HOME DO SOÑO – Domovoi Dixital (2007)
7) O PINTOR DE CEOS – Jorge Morais (2009)
8) VICENTA – SAM/IB Cinema (2009)

MARTES 16 de NOVIEMBRE de 2010
1) A NENA QUE TiÑA UNHA SOA ORELLA – Rubén Coca (2009)
2) A MEIGA CHUCHONA – ArteAutor (2007)
3) O RAIO TRANSPARENTE – Pancho Lapeña (2009)
4) DAIRASI.E.S. García Barros de A Estrada (2010)
5) PASO A PASO – MCCD (2007)
6) EL TELE CARRITO – MCCD (2009)
7) CRIBBA O VAMPIRO – MATRIUSKA (2008)
8) O SOLDADIÑO DE CHUMBO – Continental Producciones (2008)

CARTEL

Read more...

Novo pase de Dairas

>> 2 nov. 2010

Dairas será proxectada en CURTOPÍA EDUCACIÓN . Ao marxe de seren proxectada no festival internacional " Curtopía " tamén será proxectada nesta mostra de traballos educativos, xunto con traballos de outros colexios:
Proxecto Integrae do IES Castelao de Vigo, a curta A galiña Azul do CEP Fleming de Vigo, a curta Defendamos o Noso, Defendamos o Galego do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas, e o proxecto do CGAC e o ASAC Desde a miña fiestra.


A mostra será o Sábado 20 de Novembro as 18.00h no auditorio do Centro Cívico de Teis, en Vigo

Read more...

Recoñecemento público do Concello de A Estrada

>> 31 oct. 2010

 
Acto celebrado o día 30 de outubro no teatro principal de A Estrada. O Sr. Alcalde José A. Dono fai entrega de un agasallo para o noso I.E.S. En recoñecemento ao traballo do Taller de Creación Artística do M.G.B
Neste acto fíxose entrega de uns diplomas aos participantes no proxecto Dairas.
En breve veremos as fotos dos alumnos e profesores na galería de imaxes.

Read more...

Felicitación do Conselleiro polo premio Crearte

>> 26 oct. 2010

O Conselleiro de Educación, Sr. Jesús Vázquez Abad, vén de enviar unha felicitación á Dna. Giséle Maïssa, directora do MGB, onde lle transmite "a súa noraboa persoal e da Consellería polo premio Crearte, que supón para o MGB a consideración de centro creativo de referencia nacional para o Ministerio de Cultura, sendo o primeiro instituto galego en acadar este recoñecemento". Podedes ler aquí a carta completa

Read more...

Obxectivo final

>> 25 oct. 2010

Está a comezar a operación  " DEZ MIL "

En breve poderemos dar máis datos sobre este importante traballo..." unha promesa incumprida é unha traizón "
Trataremos de cumplir a nosa....grazas Carlos Loureiro e Xosé Luna polo voso traballo e apoio.

Read more...

"Dairas", gañadora dos premios Crearte 2010

>> 21 oct. 2010


"Dairas", a curtametraxe de animación stop-motion do Taller de Creación Artística do MGB vén de recibir un novo galardón.
Neste caso trátase dos Premios Crearte 2010, convocados polo Ministerio de Cultura para o fomento da creatividade no ensino secundario (modalidade B, BOE luns 15 de marzo de 2010).
O premio consta dunha dotación económica de 23.000€ e dunha acreditación do Centro por parte do ministerio de educación como "Centro Educativo Creativo".
Na imaxe podemos ver aos profesores que forman parte do proxecto: Miguel Carbajal, Xoan Xosé Pérez, María Varela e Álvaro P. Vilariño.

Podedes ver as reseñas aparecidas na prensa:

Read more...

Teatro Principal

>> 20 oct. 2010

Haberá unha nova proxección de "Dairas" no Teatro Principal de A Estrada.

Será o vindeiro 30 de outubro ás 21h. A entrada é gratuita.

Read more...

Dairas seleccionada para "Cortomieres"

>> 6 oct. 2010

Confirmado. Dairas será proxectada no Festival Cortomieres, o "Festival de cortometraxes de Mieres", que terá lugar nesta localidade asturiana dende o 21 ata o 28 de xaneiro de 2011.
De momento non sabemos as datas nin a categoría.

Read more...

Dairas premiada no festival de Ourense

>> 5 oct. 2010

A Curtametraxe de animación do Taller de Creación Artística do M.G.B. resultou gañadora do 3º premio, na XV edición do festival Internacional de Cine de Ourense, sección Ouff escola. Podedes ler aquí unha crónica do acto.
O nivel de esta edición foi moi alto, incluso competimos con actores profesionais da talla de Xosé Manuel Oliveira " Pico " o que fixo, coma sempre, unha fantástica interpretación.
Acadando o segundo premio a curta na que él era protagonista.

O primeiro premio correspondeu ao IES Europa de Ponferrada, coa súa obra "Xemelgos", e o segundo ao IES de Porto do Son, polo seu traballo "Mar", que podedes ver aquí.

Parabéns á gran familia que formamos DAIRAS
Apertas a tod@s
Nota: Dairas fará un pase de " Honra " o día 30 de outubro, no Teatro Principa de A Estrada.

Read more...

Parabésn da comunidade cinematográfica

Un gran traballo!

Dende " Cinestable " felicitámosvos pola vosa labor cinematográfica e solidaria.
Saúdos e moita sorte!

Read more...

Gañadores dos premios Ouff Escola 2009

>> 30 sept. 2010

En YouTube atopar algúns deses traballos premiados, como "Non Tocar I", do CPI de Xanceda, ou "Pequenas obsesións", do IES de Cacheiras.

Estaremos na lista de premiados do 2010?

Read more...

Felicitacións do festival "Cortópolis" dende Córdoba, Arxentina

Onte recibimos un correo-e de Diego Pigini, membro da organización do festival Cortópolis, onde nos felicitaba polo traballo realizado e lamentaba que xa cerraran a programación para admitir a "Dairas" no mesmo.

Read more...

Dairas en Curtopía 2010

>> 28 sept. 2010


Dairas foi seleccionada na Mostra do I festival Internacional de curtametraxes de Vigo, Curtopía 2010. Este feito podería supoñer tamén a participación dos membros do noso equipo nunha mesa-coloquio xunto a profesionais da animación. Aínda non hai datas definitivas, pero será no mes de novembro. Podes seguir as últimas novas deste certame a través do seu blog.

Read more...

Dairas no Festival de Cine Internacional de Ourense

>> 14 sept. 2010

Representantes do Taller de Creación Artística do MGB desplazaranse a Ourense o vindeiro 5 de outubro de 2010 para asistir a entrega de premios do II certame OUFF ESCOLA, dentro do XV festival internacional de cine de Ourense, na cal se proxectarán os traballos gañadores nas salas cinematográficas vinculadas ao festival.
Editarase un DVD cos traballos gañadores. Todas as obras presentadas recibirán un certificado acreditativo da súa participación.
Non se concederán premios ex-aequo. De estimar o xurado que os traballos non reúnen a calidade suficiente, os premios poderán ficar desertos.

Read more...

Estrea de "Dairas". Mércores 23 de xuño.

>> 24 jun. 2010

Onte tivo lugar, nun Teatro Principal abarrotado, a estrea de "Dairas". Podedes ver neste álbum as imaxes do acto (fotografías de Miguel Bugallo).
Na imaxe, o profesor Miguel Carbajal, director da curtametraxe, pronunciando unhas palabras antes da emisión da película. 

Read more...

Dairas en Estrada-Televisión

>> 19 jun. 2010

Rolda de prensa celebrada o pasado mércores 16 de xuño no Concello da Estrada.

Read more...

Glog para Dairas

>> 15 jun. 2010

Os alumnos de TICs de 1º de Bacharelato realizaron varios Glogs (pósters multimedia) para a estrea de Dairas. Este foi o que máis gustou, aínda que a elección foi moi difícil, pois o nivel estaba alto. A súa autora foi Sue Sánchez. Grazas Sue! Podes velo mellor en Pantalla grande.

Read more...

Segundo pase o luns 28 de xuño

Anunciamos dende aquí un segundo pase de Dairas no Teatro Principal da Estrada, unha vez esgotadas as entradas do primeiro.

Será o vindeiro luns 28 de xuño, ás 21:00 horas.

Read more...

Completo!

No transcurso da mañá de onte as entradas para a estrea de Dairas o vindeiro mércores 23 de xuño no Teatro Principal da Estrada, "voáronnos" literalmente das mans. Haberá pois un cheo absoluto para presenciar a primeira curtametraxe de animación do Taller de Creación Artística do MGB. Estamos intentando conseguir un segundo pase para toda aquela xente que quedou sen entrada.

Read more...

Estrea de Dairas

>> 10 jun. 2010

Hoxe presentamos aquí o avance da nosa curta. A súa estrea terá lugar o vindeiro mércores 23 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal da Estrada
Guión orixinal e dirección : Miguel A. Carbajal .

Read more...

Antony Hegarty danos permiso para usar a súa música

>> 7 jun. 2010

Hoxe recibimos un correo da axencia musical que leva os dereitos de Antony Hegarty, membro da formación Antony and The Johnsons e compositor do tema "Hope's There's someone", que formará parte da BSO de Dairas, onde nos concedía a licenza para usar a súa música na nosa curta. Unha máis das numerosas colaboracións desinteresadas que estamos conseguindo para o noso proxecto. Dende aquí o noso agradecemento.
Grazas Antony!

Read more...

Galería de imaxes de Dairas para a estrea do 23 de xuño

>> 2 jun. 2010

Xa estamos quentando motoroes para a estrea de "Dairas". Será no teatro principal da Estrada, o vindeiro mércores 23 de xuño, ás 21:00 horas. Unha noite máxica, sen dúbida.

Read more...

Última toma

>> 30 may. 2010


Agora sí. Esta é a última toma que fotografamos. Máis de 150 fotos darán como resultado unhas imaxes da nai de Ahmed amasando pan. Queremos con isto amosar a súa rutina diaria.
Aquí vemos os segredos da montaxe. Se nos fixamos ben podemos apreciar un pauciño negro na saia da nai, que serve para asegurar que non se mova do sitio. Fixádevos no pó branco que foi feito raspando unha tiza, para dar maior realismo ao que está a facer.
Tivemos que facerlle tamén un corte co cúter co que poder suxeitar ben a plastilina que leva nas mans (co movemento que debe facer para amasar caía e daba moitos problemas). O resultado é satisfactorio, sobre todo se pensamos nos medios empregados.
Xa está montado o vídeo. O movemento queda bastante natural. É unha das tomas que tivemos que repetir varias veces debido á súa dificultade. Está listo por fin.
Con esta sesión rematamos o traballo fotográfico e superamos ben as 10.000 fotografías. Nin os máis optimistas podíamos pensar, no mes de outubro, que chegaríamos tan lonxe.
Agora agarda esperar a estrea e desexar que todo o equipo disfrute dos resultados.

Read more...

Trucos para gravar


Tivemos que recorrer a algúns "trucos" para poder fotografar. Os bonecos ás veces daban problemas para manterse en pé. Aquí podemos ver como solucionamos o problema.
A falta de presuposto, aumento de inxenio.
A verdade é que funcionou!

Read more...

Maldito ordenador!





Unha imaxe vale máis que mil palabras. Aquí podemos ver a desesperación de unha parte do equipo despois de comprobar como se pon en risco o traballo das últimas tres semanas. Ao final puidemos salvar parte do proxecto. Os compoñentes de postproducción están a sufrir moito.
Os ordenadores funcionan francamente mal, debemos ser moi fortes para seguir adiante.
Este é o penúltimo sábado que debemos traballar, se non rompe todo antes... Na vindeira semana teremos un proxecto enteiro. Pasamos dos 20 minutos.
O quince de xuño remata o prazo para presentarnos ó festival internacional de cine Euroárabe "Amal".
Moito ánimo a tod@s. Alí estaremos.

Read more...

Suso de Toro colabora con Dairas

>> 25 may. 2010


Suso de Toro permítenos a libre utilización da canción "Hei de estar alí" do disco "Madama" de  Leilía, con arranxos de Xoan porto e letra de Suso.

O noso agradecemento á colaboración do escritor.

Grazas Marga pola mediación

Read more...

Gravación da BSO de Dairas nos estudios Phonos da Estrada

Onte, unha parte do numeroso equipo que fai posible "Dairas", estivo gravando, baixo a dirección de María Varela, nos estudios Phonos da Estrada, o que será parte da banda sonora orixinal de Dairas, o tema "Hope There´s someone", de Anthony & The Johnsons. Isto é unha mostra do que vivimos alí:

O noso agradecemento a Valentín torrado polo seu traballo paciente e profesional.
Unha aperta Curi e moitas grazas pola túa aportación.

Read more...

Leilía e Xoan Porto ceden os dereitos de un tema


Mil grazas aos compañeir@s de Leilía pola súa colaboración no proxecto Dairas.
As compoñentes do grupo permiten a utilización de un tema e o arranxista Xoan Porto tamén. Só falta poñerse en contacto co autor da letra, Suso de Toro, e todo estaría redondo (xa vos contaremos). Unha vez que teñamos todo, indicaremos o nome do tema e do disco,  moi fermoso por certo.

Unha aperta moi grande a todas/os

Read more...

The Durruti Column, nova colaboración para a BSO de Dairas

Vini Reilly e Bruce Mitchel, integrantes de The Durruti Column, acaban de comunicarnos por correo-e que nos permiten utilizar a súa música (o tema "Opera"), na B.S.O. de Dairas.

Só nos piden que lle mandemos unha ligazón para poder ver o resultado final do traballo, cousa que faremos encantados.

Dende aquí o noso agradecemento para Vini e Bruce.

Read more...

Kiko Loureiro colabora con Dairas

>> 23 may. 2010












O guitarrista brasileño Kiko Loureiro vén de contestar ao noso correo, onde lle pediamos a súa autorización para usar dous dos seus temas na Banda Sonora Orixinal de Dairas: "Beautiful language" e "Choro de criança", ámbolos dous dos seu disco No Gravity (2004).
Na súa resposta, Kiko, xenerosamente, concédenos a licenza para usar a súa música na nosa BSO, e pídenos que lle mandemos unha ligazón para poder ver o resultado final.

Grazas Kiko, cando todo remate poderás ver o traballo.

Read more...

Últimos retoques


Despois de moito insistir Abel conseguiu poñerlle luz ao coche nunha toma nocturna.
Consiste en animar unha capa de vídeo cunha luz previa. Logo anímase o movemento da capa. O resultado está moi ben.
Por outra banda Laura e marta xa casi remataron o final da guerra, con efectos incluídos. Bo traballo!

Read more...

Montaxe da escena da guerra

>> 19 may. 2010


Estamos a rematar a montaxe da escena da guerra. É bastante laborioso porque traballamos con máis de quince pistas simultáneas: imaxes, croma key, sons (disparos, bombas, avión, tanque), efectos especiais, capas de vídeo.
É importante adicarlle tempo a estos efectos porque así conseguimos un maior realismo.

Read more...

Interior dunha jaima. Fonte de inspiración.

>> 15 may. 2010




Hoxe tomaronse máis de 300 fotografías (xa pasamos das 8000)
Corresponden a unha toma onde poderemos ver ao pai de Ahmed lendo un libro.
Antes de poder montar a maqueta tivemos que ver moitas fotos e vídeos propios do lugar para poder achegarnos un pouco á estética e reflectir o mellor posible as cores e as formas.

Read more...

Benvida querida informática

Hoxe voltamos de novo a sufrir coa parte informatizada. Todo o traballo do martes tivo que ser montado de novo.

Os ordenadores están a darnos verdadeiros problemas. Un sistema de conxelación dos ordenadores puidese ser o responsable da nosa desfeita. 

Aínda así non perderemos a esperanza. Seguiremos traballando ata que poidamos conseguilo.

Read more...

Gravación en árabe da Declaración dos Dereitos Humanos

>> 12 may. 2010


Imane está a ler a carta universal de dereitos humanos.
A nosa intención é que se escoite en árabe, pois a curta está ambientada no Sáhara e parécenos apropiado este detalle

Read more...

Ahmed solta unha bágoa

>> 10 may. 2010


Podemos ver nesta imaxe como se está a preparar para crear unha bágoa no rostro de Ahmed.
A situación que acaba de vivir é traxica, e o noso protagonista non pode agochar a súa pena.
Precisáronse catro capas de vídeo con alpha para lograr o efecto, e dúas horas de montaxe para esa toma.

Read more...

Dereitos humanos

>> 9 may. 2010



Outro dos retos aos que nos enfrentamos é facer falar ós personaxes.
Un home máis unha muller, farán lectura da carta de dereitos humanos. Un en galego e outra en árabe.
Aquí podemos ver unha captura de pantalla onde se están a marcar os parámetros dos bonecos, para que coincidan os movementos da boca co texto..
Incrible, cada vez fomos poñendo o listón un pouquiño máis alto.

Read more...

Montaxe

>> 8 may. 2010



Laura pasou de efectos especiais ó montaxe final.
Despois de moito traballo cos efectos do fume...lume...e máis sorpresas...agora está a traballar na montaxe final...traballo meticuloso..pero o camiño percorrido nestes meses alimenta o esforzo final...

Marta estivo a traballar no recorte fotográfico.
Recortando cada foto que precisaba adaptar, para o croma key por exemplo...
Agora tamén está volcada na montaxe final...nesta última recta, o equipo informático estará centrado de cheo en darlle coheréncia a oito meses de traballo..perdón..de DURO TRABALLO...
Ánimo que o conseguimossss...

Read more...

Abel tratará de facer voar a un avión



O maxin de Abel debe traspasarse ao avión e facelo voar. Dificil reto sen dúbida.
A estas alturas xa pasamos etapas peores.
Traballando con dúas capas de vídeo e un sen fin de trucos o avión sobrevoa a zona da catástrofe.
Queda moi ben, é un efecto moi logrado e ben integrado no guión.

CONSEGUIMOS VOOOAAAARRRRRR....

Read more...

Making off de Miriam e Ariadna



Miriam leva días traballando no making off. Os martes tamén está Ariadna pero os sábados ten que facelo soa.
O que se pretende é mesturar imaxes do traballo coas imaxes do resultado final. Agora está moi avanzado. O resultado, sorprendente. Avanzouse moito nisto e podemos valorar máis o noso traballo repasando todo o proceso.
Hoxe fixemos unhas probas coa música de Nina Simone de fondo.
"Sinnerman". este é o tema elixido para o making off. Describe moi ben o pensamento do autor.


Non teño casa
Non teño escola
Non teño familia...
...
Teño cara
Teño pés
Teño mans..
....
A esperanza é o último que se debe perder

Read more...

Retoque fotográfico


O corpo de Ahmed dixo basta.
A peasares de utilizar varios modelos para o protagonista, a plastilina deteriorouse de tal maneira que agora os monecos rompen con facilidade.
Bego agora está a facer un retoque fotográfico. Consiste en reparar unhas 130 fotografías.
Co movemento do pescozo prodúcense gretas que debemos tapar. Coa plastilina é moi complicado, por iso se está a facer cun programa de retoque fotográfico. Unha por unha vaise tapando a zona que está rota. O resultado é bo, pero o traballo tamén o é.

Read more...

iluminación dentro da jaima


Begoña adptando un dos focos para iluminar a jaima por dentro. Hoxe a Bego tocoulle facer de comodín. Á primeira hora tivo que fotografar con Xoan a penúltima escena de Dairas...Ahmed lendo no interior.
Ó noso protagonista gústalle moito a lectura e decidiu poñernos as cousas un pouco complicadas..pero xa está...bueno, casi..

Read more...

Lied de Shubert

>> 7 may. 2010

Aquí tedes o resultado do traballo no Auditorio de Vila de Cruces. A gravación desta lied de Shubert a cargo de Cesáreo Torres (tenor) e Fátima Blanco (piano). Escoitade:

Read more...

Ensaio das "Voces do MGB" para Dairas

>> 1 may. 2010

Un grupo de alumnos e alumnas do MGB ensaia, baixo a batuta de María Varela, profesora de música no Centro, o tema de Anthony & The Johnsons "Hope There´s someone", co obxectivo de incluílo na BSO orixinal de Dairas. Aquí tedes unha mostra dos ensaios.

Read more...

Agradecemento ó Concello de Vila de Cruces

>> 28 abr. 2010



O auditorio de Vila de Cruces, foi o lugar elixido para a gravación.
O noso maior agradecemento ó Excelentísimo concello de Vila de Cruces pola amabilidade á hora de dispoñer do auditorio... piano...
O lugar é ben fermoso

Read more...

Cesáreo Torres. Tenor.



O Tenor Cesáreo Torres Deixounos moi bo sabor de boca coa súa interpretación. Cada toma de son era matizada de forma meticulosa, para que teñamos máis posibilidades á hora de escoller o mellor para Dairas.
É moi importante para Dairas contar con esta interpretación De Cesáreo e Fátima. Realza os valores da música ao vivo e pon de manifesto a entrega e adicación dos seus intérpretes.
A experiencia foi moi positiva...
Grazas de novo Cesáreo

Read more...

Técnico de son.


Miguel Novás, técnico de son da radio galega. Foi o responsable de inmortalizar o momento tan fermoso que poidemos vivir esta tarde. Estivo moi atento e amable no seu traballo. Sempre disposto a facer unha nova toma si fora necesario...moitas grazas Miguel

Read more...

Fátima Blanco ó piano



Fátima estivo fantástica na gravación do lied de Shubert "Mio ben ricordati "
Os nervios estiveron en lugar seguro e baixo control. O colín utilizado soaba moi ben... a única pega era o pedal de sustain que se escoitaba un pouco. Fátima tivo que improvisar a solución...pisar con moito coidado para que non saíra na gravación. Foron sete tomas das cales cinco son perfectamente válidas. agora só queda elixir a mellor interpretación. A compenetración entre o tenor Cesáreo e Fátima foi estupenda...o resultado...sorprendente.

Read more...

Interior jaima



Esta é a maqueta do interior da jaima. o equipo traballou duro para que todo estivera listo a tempo. Agora tomaremos as fotos do interior para amosar unha parte importante na curta. A vida no interior da " casa " de Ahmed, e as súas rutinas...

Xoan destapa a jaima para que poidamos ver como se vai utilizar ese recurso no fotografado do interior.

Read more...

Fotografías cabeceira e laterais

Mamen Fernández Blanco

  © Blogger templates Sunset by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP