Guión Técnico escena 1: montaxe e sons (2)

>> 31 ene. 2010

Isto é unha guía para o grupo de traballo de montaxe.O mesmo que guión técnico: montaxe e sons ( 1 )

Read more...

Guión Técnico escena 1: montaxe e sons (1)

Isto é unha guía para o grupo de traballo de montaxe.
CARTA INTERNACIONAL DEREITOS HUMANOS No principio ( foto deserto zum... )
Debe servir como idea orientativa, pero o máis importante é, a imaxinación.
Facer probas.
Mirar o resultado dende o punto de vista de un espectador.
Ser críticos co traballo.
Aceptar un resultado adecuado aos medios empregados
Ánimo, moito empeño e ilusión

Read more...

"El hospital", por Abel

>> 29 ene. 2010

Aquí temos un novo exercicio de stop motion con figuras de plastilina. Fixémonos nos movementos da cámara: planos medios, primeiros planos, etc, e tamén, como non, nos efectos especias do eletrocutamento...
Un dos avances máis salientables son os efectos das sombras do personaxe principal e, os efectos de luz sobre o "enfermo" . Hai que fixarse ben porque despois da descarga podemos apreciar o resultado das queimaduras...
Tamén destacaría a iluminación do fondo no momento da descarga. Utiliza un foco de man que vai cambiando en cada toma. Isto produce un efecto de iluminación por parte do desfibrilador...
Pois..a seguir traballando que isto promete

Read more...

Guión técnico escena I





Isto é o guión técnico da última toma na primeira escena.
Reflicte o final de unha batalla. A imaxe debe ser desoladora.
Sensación de desacougo... fume... lume... ausencia... morte...

Read more...

Guión técnico escena III

>> 28 ene. 2010




Ahmed chega ó campamento.
Ten cinco anos. A primeira imaxe é deprimente.
Atópase de cheo coa Jaima, onde pasará o resto da súa vida.
Confusión nos seus pensamentos.
Frío..medo...fame...frustración

Read more...

Guión técnico escena 2


Ahmed é atopado no medio da desolación.
Uns soldados trasládano a un campamento de refuxiados

Read more...

Lullabye, por Laura

>> 25 ene. 2010

Dentro dos exercicios e probas que estamos a facer coa técnica do stop motion, este é o traballo de Laura Carrillo, Lullabye.
Eu destacaría a animación con debuxos do final. Creo que deberiamos experimentar máis con esta técnica, non vos parece?

Read more...

Visita de José Miguel, de Mr. Misto Films

>> 21 ene. 2010

O pasado mércores recibimos a visita de Jose Miguel, do departamento de Formación da Produtora Mr. Misto Films. Grazas ás súas explicacións puidemos adentrarnos nos segredos da técnica de animación coñecida como stop motion, e visualizar algúns dos vídeos dos pioneiros do xénero, como Ray Harryhausen.
A visita de José Miguel ( Veru ) foi moi positiva para o grupo. Quizais debido á súa experiencia como formador, puido transmitirnos a ilusión para seguir a traballar nun proxecto tan laborioso. Coñecedor dos atrancos e dificultades técnicas que supón a técnica de stop motion, envorcouse nas cousas positivas e destacou en todo momento que o máis importante é a imaxinación.
Isto é precisamente un dos aspectos máis salientables do noso traballo " adestrar a imaxinación "
Grazas Veru, polo teu apoio e coñecementos compartidos.

Read more...

Montaxe de vídeo e modelaxe de Jaimas

>> 19 ene. 2010


O equipo de Dairas está volcado de cheo no proxecto, que tocou a parte máis sensible de nós. Agora isto é imparable, a ilusión e desexo de comezar a ver as primeiras montaxes, alimentan cada día o noso entusiasmo.
Hoxe repartimos o traballo en dous grupos. Un grupo traballou na selección, retoque fotográfico e montaxe de imaxe e son do primeiro minuto da curta. O outro grupo traballou nas Jaimas que darán forma ó escenario da seguinte toma fotográfica.
As sensacións son moi positivas e o clima de traballo excelente. Ánimo a todos/as estamos no camiño...
Miguel Carbajal.

Read more...

Exercicios de animación

>> 13 ene. 2010

Nestas vacacións de Nadal un grupo de alumnos estivo facendo probas co programa MovieMaker, a modo de adestramento para a montaxe final de "Dairas".
Estes son uns exemplos realizados por Ariadna Silva ("A historia de Luis") e por Marta Rodríguez ("Parchís").


Read more...

Primeiras fotos

>> 11 ene. 2010


Na última sesión comezamos a tirar as primeiras fotos da curta, onde aparecen xa algunhas escenas da batalla inicial.
Visítanos nesta ocasión XoqueCarbajal; Fotógrafo e actor profesional. Traballou en diversos proxectos como director de fotografía e iluminación así como actor de teatro e cine. Nominado en dúas ocasión ós premios Goya de fotografía. Achegounos a súa experiencia para o enfoque e iluminación das primeiras tomas definitivas. Deunos unha pequena charla sobre as técnicas a utilizar e algún recurso dentro das nosas posibilidades. O resultado da xornada foi moi positivo e as fotografías amosaron a calidade do currículo. Moitas grazas pola colaboración que sen dúbida será moi interesante.
As fotografías tiráronse con dúas cámaras, cada unha desde unha perspectiva distinta, para obter máis riqueza na produción da curtametraxe. Isto serve para a hora da montaxe á seleccion das mellores fotos para mellorar a calidade e probar a xogar con novos efectos.
Os encargados de fotografar foron dúas persoas con cada camara mentres que outros se dedicaban a mover os bonecos de plastilina en cada foto que se tiraba.

Read more...

Fotografías cabeceira e laterais

Mamen Fernández Blanco

  © Blogger templates Sunset by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP