Agradecemento ó Concello de Vila de Cruces

>> 28 abr 2010



O auditorio de Vila de Cruces, foi o lugar elixido para a gravación.
O noso maior agradecemento ó Excelentísimo concello de Vila de Cruces pola amabilidade á hora de dispoñer do auditorio... piano...
O lugar é ben fermoso

Read more...

Cesáreo Torres. Tenor.



O Tenor Cesáreo Torres Deixounos moi bo sabor de boca coa súa interpretación. Cada toma de son era matizada de forma meticulosa, para que teñamos máis posibilidades á hora de escoller o mellor para Dairas.
É moi importante para Dairas contar con esta interpretación De Cesáreo e Fátima. Realza os valores da música ao vivo e pon de manifesto a entrega e adicación dos seus intérpretes.
A experiencia foi moi positiva...
Grazas de novo Cesáreo

Read more...

Técnico de son.


Miguel Novás, técnico de son da radio galega. Foi o responsable de inmortalizar o momento tan fermoso que poidemos vivir esta tarde. Estivo moi atento e amable no seu traballo. Sempre disposto a facer unha nova toma si fora necesario...moitas grazas Miguel

Read more...

Fátima Blanco ó piano



Fátima estivo fantástica na gravación do lied de Shubert "Mio ben ricordati "
Os nervios estiveron en lugar seguro e baixo control. O colín utilizado soaba moi ben... a única pega era o pedal de sustain que se escoitaba un pouco. Fátima tivo que improvisar a solución...pisar con moito coidado para que non saíra na gravación. Foron sete tomas das cales cinco son perfectamente válidas. agora só queda elixir a mellor interpretación. A compenetración entre o tenor Cesáreo e Fátima foi estupenda...o resultado...sorprendente.

Read more...

Interior jaima



Esta é a maqueta do interior da jaima. o equipo traballou duro para que todo estivera listo a tempo. Agora tomaremos as fotos do interior para amosar unha parte importante na curta. A vida no interior da " casa " de Ahmed, e as súas rutinas...

Xoan destapa a jaima para que poidamos ver como se vai utilizar ese recurso no fotografado do interior.

Read more...

Jaima principal


Esta é unha fotografía da jaima principal. Un alumno está a dar os últimos retoques...preparando todo para a última toma

Read more...

Ensaio de Fátima Blanco e Cesáreo Torres

>> 27 abr 2010

" Hai momentos nas nosas vidas que quedarán para sempre na pequena materia gris....este sen dúbida é un deles. Foi tan fermoso poder ensaiar o lied de Shubert, con Fátima e Cesáreo, que só por iso xa pagou o esforzo "
O son do vídeo, é o propio da cámara. Imaxinade o resultado final con unha toma profesional...espero que o vexamos pronto...
Unha aperta moi grande a César e Fátima.
" Miguel Carbajal "


Read more...

Fátima Blanco e Cesáreo Torres ensaian en Vila de Cruces.

>> 24 abr 2010



Fátima Blanco acompañando a Cesareo Torres, nun ensaio no auditorio de Vila de Cruces.Cesareo e Fátima ultiman os detalles na interpretación do lied de Shubert, Mio Ben Ricordati. O vindeiro mércores faremos a toma de son coa unidade móbil da RTVG. Soa moi ben...o compromiso de Cesareo e Fátima anticipa o resultado

Read more...

Ensaiando con Cesáreo Torres.


Sempre é un pracer poder escoitar en directo ó tenor Cesareo Torres.
Grazas amigo César pola túa aportación tan sensible ó proxecto Dairas.

Read more...

Poesía e música en Dairas (Correo Galego)

>> 7 abr 2010

Poesía y canción lírica para el corto "Dairas"

El espíritu artístico y sobre todo solidario del proyecto Dairas, una iniciativa audiovisual de los alumnos del instituto estradense Manuel García Barros, que crearán un corto de animación en plastilina a fin de recaudar fondos para los poblados del Sáhara, suscita apoyos a medida que se da a conocer.
Los últimos en unirse al proyecto han sido el poeta ouzandés Manuel Pereira y el tenor lírico Cesáreo Torres. El primero cederá una adaptación de un poema propio para el cortometraje, un texto lírico publicado originalmente en su libro Todo morte. Asimismo pondrá la voz en off a dicho poema, que se unirá al argumento del corto.
En cuanto al tenor Cesáreo Torres, de Vila de Cruces, pondrá su voz a un lied de Shubert, acompañado por la pianista Fátima Blanco, alumna de primer curso de bachillerato del instituto Manuel García Barros.
La toma de sonido se realizará el próximo 26 de abril en el auditorio de Vila de Cruces y un equipo técnico de la Radio Galega será el encargado de realizar la grabación. El lied de Schubert Mio ben ricordati será empleado también en el desarrollo argumental del corto.
Los escolares estradenses estrenarán su creación en junio. Dairas está marcado por un fuerte componente social; su director, el profesor Miguel Carbajal, trabajó especialmente la documentación

Read more...

A poesía e a música en Dairas (A voz de Galicia)

El poeta Manuel Pereira y el tenor Cesáreo Torres colaborarán en el corto «Dairas»

La Voz de Galicia

Fecha de publicación:
El corto de animación en plastilina Dairas , promovido por el Taller de creación artística del instituto estradense Manuel García Barros, continúa cosechando colaboraciones altruistas. La cinta, que será presentada en diversos puntos de Galicia con el fin de recaudar fondos para los saharauis refugiados en los campamentos de Tinduf, contará con las aportaciones artísticas del poeta ouzandés Manuel Pereira Valcárcel y el tenor lírico César Torres.
El poeta cederá la adaptación de uno de los poemas de su obra Todo morte . Pondrá además la voz en off a la composición que se empleará en el corto.
Por su parte, el tenor César Torres, de Vila de Cruces, pondrá voz al lied de Schubert Mio ben ricordati , acompañado al piano por la intérprete Fátima Blanco, alumna de primer curso de bachillerato del IES García Barros. La toma de sonido se realizará el próximo día 26 en el auditorio de Vila de Cruces. Un equipo técnico de la Radio Galega será el encargado de la grabación.
«Dairas» es el nombre que reciben los pequeños núcleos de población en los que viven los refugiados saharauis de la zona de Tinduf (Argelia). El corto, realizado mediante la técnica conocida como stop motion , cuenta la historia de Ahmed, un niño saharaui que vive en uno de esos campamentos.
Los promotores han tomado ya 7.000 de las fotografías que darán vida a los personajes de un corto que esperan presentar en junio.

Read more...

Colaboración de Manuel Pereira en "Dairas"

>> 5 abr 2010

Manuel Pereira Valcárcel (Ouzande-A Estrada), reside en Madrid, onde traballa de mestre. Colabora habitualmente en distintos medios de prensa escrita: Encrucillada, Luzes de Galiza, A freita, Tabeirós terra, O Correo Galego, Carreiros...
Como poeta, ten publicado: "Poemas de cinza" (Madrid 1990), "Todo morte" (Neda - A Coruña, 1998), "Rosa íntima" (A Coruña, 2000), "Inventario de fragmentos" (Santiago de Compostela, 2001), co que conseguiu o premio Rosalía de Castro da Casa de Galicia de Córdoba, e "Libro das viaxes" (Pontevedra, 2003). En prosa publicou "Traxectos curtos" (Santa Comba, 2005).
Aquí podemos ver e escoitar o poeta recitando un poema do seu libro "Todo morte, Ediciós do Castro" adaptado especialmente para utilizar na nosa curtametraxe.

Grazas Manolo, polo poema e pola túa aportación ó proxecto.

Read more...

Iluminación da toma da fogueira

>> 2 abr 2010


Aquí pódese ver mellor como tivemos que iluminar para a toma da fogueira.
O foco que aparece diante dos bonecos ten un papel de aluminio para rebaixar a luz. Despois de cada foto íamolo movendo para lograr as sombras.
Logo poñerémoslle lume cun programa de efectos.
Con isto queda rematado o traballo de Semana Santa. Dedicaremos o día de mañá a recoller todo o material que xa non volveremos utilizar.
Empaquetaremos ben os monecos, as casas, as jaimas...
Para a presentación será bonito montar unha pequena maqueta á entrada do teatro.
Xa está cerquiña.

Read more...

Á luz da fogueira


Nesta toma filmamos a unhas persoas á luz da fogueira.
Custou bastante, pero conseguímolo de novo.
Fixemos varias probas porque queremos que a luz da fogueira reflicta nos corpos das persoas.
Con cada foto imos cambiando o foco, para darlle movemento ás sombras. Precisamos de 250 fotos para acadar o efecto que precisamos.

Read more...

Iluminación nocturna

>> 1 abr 2010


Este é o resultado das tomas nocturnas.

Read more...

Sesión de tarde. Iluminación nocturna.


Isto que vedes na imaxe é a iluminación para as tomas nocturnas.
Tivemos que aventurarnos un pouco, pero quedou ben (o maldito foco quería xogarnos malas pasadas, por iso tivemos que recorrer aos alicates que se ve na foto )
Con case 400 fotos máis, agora só queda unha toma nocturna e os interiores da Jaima de Ahmed.
Parece incrible o que dá de si a Semana Santa...

Read more...

Fotografando a escola


Isto forma parte da rodaxe da escola. 434 fotos darán como resultado uns 40 segundos. Nun primeiro momento tiñamos previsto fotografar unhas 700, pero non puido ser. A rodaxe é moi complicada e debemos saber adaptarnos ás circunstancias.

O resultado é moi satisfactorio e penso que a idea estará igualmente reflectida.
Agora centramos os nosos esforzos na penúltima montaña na rodaxe: as tomas nocturnas.

Xa vos contarei...

Read more...

A luz da escola


Isto é a vista dende fóra, do escenario e iluminación da escola.

Pódese apreciar o foco de luz a través das fiestras e mais unha pantalla por enriba para mellorar a iluminación.
Grazas unha vez máis a Xoque pola colocación da luz e polo material.

Read more...

Fotografías cabeceira e laterais

Mamen Fernández Blanco

  © Blogger templates Sunset by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP