Última toma

>> 30 may 2010


Agora sí. Esta é a última toma que fotografamos. Máis de 150 fotos darán como resultado unhas imaxes da nai de Ahmed amasando pan. Queremos con isto amosar a súa rutina diaria.
Aquí vemos os segredos da montaxe. Se nos fixamos ben podemos apreciar un pauciño negro na saia da nai, que serve para asegurar que non se mova do sitio. Fixádevos no pó branco que foi feito raspando unha tiza, para dar maior realismo ao que está a facer.
Tivemos que facerlle tamén un corte co cúter co que poder suxeitar ben a plastilina que leva nas mans (co movemento que debe facer para amasar caía e daba moitos problemas). O resultado é satisfactorio, sobre todo se pensamos nos medios empregados.
Xa está montado o vídeo. O movemento queda bastante natural. É unha das tomas que tivemos que repetir varias veces debido á súa dificultade. Está listo por fin.
Con esta sesión rematamos o traballo fotográfico e superamos ben as 10.000 fotografías. Nin os máis optimistas podíamos pensar, no mes de outubro, que chegaríamos tan lonxe.
Agora agarda esperar a estrea e desexar que todo o equipo disfrute dos resultados.

Read more...

Trucos para gravar


Tivemos que recorrer a algúns "trucos" para poder fotografar. Os bonecos ás veces daban problemas para manterse en pé. Aquí podemos ver como solucionamos o problema.
A falta de presuposto, aumento de inxenio.
A verdade é que funcionou!

Read more...

Maldito ordenador!





Unha imaxe vale máis que mil palabras. Aquí podemos ver a desesperación de unha parte do equipo despois de comprobar como se pon en risco o traballo das últimas tres semanas. Ao final puidemos salvar parte do proxecto. Os compoñentes de postproducción están a sufrir moito.
Os ordenadores funcionan francamente mal, debemos ser moi fortes para seguir adiante.
Este é o penúltimo sábado que debemos traballar, se non rompe todo antes... Na vindeira semana teremos un proxecto enteiro. Pasamos dos 20 minutos.
O quince de xuño remata o prazo para presentarnos ó festival internacional de cine Euroárabe "Amal".
Moito ánimo a tod@s. Alí estaremos.

Read more...

Suso de Toro colabora con Dairas

>> 25 may 2010


Suso de Toro permítenos a libre utilización da canción "Hei de estar alí" do disco "Madama" de  Leilía, con arranxos de Xoan porto e letra de Suso.

O noso agradecemento á colaboración do escritor.

Grazas Marga pola mediación

Read more...

Gravación da BSO de Dairas nos estudios Phonos da Estrada

Onte, unha parte do numeroso equipo que fai posible "Dairas", estivo gravando, baixo a dirección de María Varela, nos estudios Phonos da Estrada, o que será parte da banda sonora orixinal de Dairas, o tema "Hope There´s someone", de Anthony & The Johnsons. Isto é unha mostra do que vivimos alí:

O noso agradecemento a Valentín torrado polo seu traballo paciente e profesional.
Unha aperta Curi e moitas grazas pola túa aportación.

Read more...

Leilía e Xoan Porto ceden os dereitos de un tema


Mil grazas aos compañeir@s de Leilía pola súa colaboración no proxecto Dairas.
As compoñentes do grupo permiten a utilización de un tema e o arranxista Xoan Porto tamén. Só falta poñerse en contacto co autor da letra, Suso de Toro, e todo estaría redondo (xa vos contaremos). Unha vez que teñamos todo, indicaremos o nome do tema e do disco,  moi fermoso por certo.

Unha aperta moi grande a todas/os

Read more...

The Durruti Column, nova colaboración para a BSO de Dairas

Vini Reilly e Bruce Mitchel, integrantes de The Durruti Column, acaban de comunicarnos por correo-e que nos permiten utilizar a súa música (o tema "Opera"), na B.S.O. de Dairas.

Só nos piden que lle mandemos unha ligazón para poder ver o resultado final do traballo, cousa que faremos encantados.

Dende aquí o noso agradecemento para Vini e Bruce.

Read more...

Kiko Loureiro colabora con Dairas

>> 23 may 2010












O guitarrista brasileño Kiko Loureiro vén de contestar ao noso correo, onde lle pediamos a súa autorización para usar dous dos seus temas na Banda Sonora Orixinal de Dairas: "Beautiful language" e "Choro de criança", ámbolos dous dos seu disco No Gravity (2004).
Na súa resposta, Kiko, xenerosamente, concédenos a licenza para usar a súa música na nosa BSO, e pídenos que lle mandemos unha ligazón para poder ver o resultado final.

Grazas Kiko, cando todo remate poderás ver o traballo.

Read more...

Últimos retoques


Despois de moito insistir Abel conseguiu poñerlle luz ao coche nunha toma nocturna.
Consiste en animar unha capa de vídeo cunha luz previa. Logo anímase o movemento da capa. O resultado está moi ben.
Por outra banda Laura e marta xa casi remataron o final da guerra, con efectos incluídos. Bo traballo!

Read more...

Montaxe da escena da guerra

>> 19 may 2010


Estamos a rematar a montaxe da escena da guerra. É bastante laborioso porque traballamos con máis de quince pistas simultáneas: imaxes, croma key, sons (disparos, bombas, avión, tanque), efectos especiais, capas de vídeo.
É importante adicarlle tempo a estos efectos porque así conseguimos un maior realismo.

Read more...

Interior dunha jaima. Fonte de inspiración.

>> 15 may 2010




Hoxe tomaronse máis de 300 fotografías (xa pasamos das 8000)
Corresponden a unha toma onde poderemos ver ao pai de Ahmed lendo un libro.
Antes de poder montar a maqueta tivemos que ver moitas fotos e vídeos propios do lugar para poder achegarnos un pouco á estética e reflectir o mellor posible as cores e as formas.

Read more...

Benvida querida informática

Hoxe voltamos de novo a sufrir coa parte informatizada. Todo o traballo do martes tivo que ser montado de novo.

Os ordenadores están a darnos verdadeiros problemas. Un sistema de conxelación dos ordenadores puidese ser o responsable da nosa desfeita. 

Aínda así non perderemos a esperanza. Seguiremos traballando ata que poidamos conseguilo.

Read more...

Gravación en árabe da Declaración dos Dereitos Humanos

>> 12 may 2010


Imane está a ler a carta universal de dereitos humanos.
A nosa intención é que se escoite en árabe, pois a curta está ambientada no Sáhara e parécenos apropiado este detalle

Read more...

Ahmed solta unha bágoa

>> 10 may 2010


Podemos ver nesta imaxe como se está a preparar para crear unha bágoa no rostro de Ahmed.
A situación que acaba de vivir é traxica, e o noso protagonista non pode agochar a súa pena.
Precisáronse catro capas de vídeo con alpha para lograr o efecto, e dúas horas de montaxe para esa toma.

Read more...

Dereitos humanos

>> 9 may 2010



Outro dos retos aos que nos enfrentamos é facer falar ós personaxes.
Un home máis unha muller, farán lectura da carta de dereitos humanos. Un en galego e outra en árabe.
Aquí podemos ver unha captura de pantalla onde se están a marcar os parámetros dos bonecos, para que coincidan os movementos da boca co texto..
Incrible, cada vez fomos poñendo o listón un pouquiño máis alto.

Read more...

Montaxe

>> 8 may 2010



Laura pasou de efectos especiais ó montaxe final.
Despois de moito traballo cos efectos do fume...lume...e máis sorpresas...agora está a traballar na montaxe final...traballo meticuloso..pero o camiño percorrido nestes meses alimenta o esforzo final...

Marta estivo a traballar no recorte fotográfico.
Recortando cada foto que precisaba adaptar, para o croma key por exemplo...
Agora tamén está volcada na montaxe final...nesta última recta, o equipo informático estará centrado de cheo en darlle coheréncia a oito meses de traballo..perdón..de DURO TRABALLO...
Ánimo que o conseguimossss...

Read more...

Abel tratará de facer voar a un avión



O maxin de Abel debe traspasarse ao avión e facelo voar. Dificil reto sen dúbida.
A estas alturas xa pasamos etapas peores.
Traballando con dúas capas de vídeo e un sen fin de trucos o avión sobrevoa a zona da catástrofe.
Queda moi ben, é un efecto moi logrado e ben integrado no guión.

CONSEGUIMOS VOOOAAAARRRRRR....

Read more...

Making off de Miriam e Ariadna



Miriam leva días traballando no making off. Os martes tamén está Ariadna pero os sábados ten que facelo soa.
O que se pretende é mesturar imaxes do traballo coas imaxes do resultado final. Agora está moi avanzado. O resultado, sorprendente. Avanzouse moito nisto e podemos valorar máis o noso traballo repasando todo o proceso.
Hoxe fixemos unhas probas coa música de Nina Simone de fondo.
"Sinnerman". este é o tema elixido para o making off. Describe moi ben o pensamento do autor.


Non teño casa
Non teño escola
Non teño familia...
...
Teño cara
Teño pés
Teño mans..
....
A esperanza é o último que se debe perder

Read more...

Retoque fotográfico


O corpo de Ahmed dixo basta.
A peasares de utilizar varios modelos para o protagonista, a plastilina deteriorouse de tal maneira que agora os monecos rompen con facilidade.
Bego agora está a facer un retoque fotográfico. Consiste en reparar unhas 130 fotografías.
Co movemento do pescozo prodúcense gretas que debemos tapar. Coa plastilina é moi complicado, por iso se está a facer cun programa de retoque fotográfico. Unha por unha vaise tapando a zona que está rota. O resultado é bo, pero o traballo tamén o é.

Read more...

iluminación dentro da jaima


Begoña adptando un dos focos para iluminar a jaima por dentro. Hoxe a Bego tocoulle facer de comodín. Á primeira hora tivo que fotografar con Xoan a penúltima escena de Dairas...Ahmed lendo no interior.
Ó noso protagonista gústalle moito a lectura e decidiu poñernos as cousas un pouco complicadas..pero xa está...bueno, casi..

Read more...

Lied de Shubert

>> 7 may 2010

Aquí tedes o resultado do traballo no Auditorio de Vila de Cruces. A gravación desta lied de Shubert a cargo de Cesáreo Torres (tenor) e Fátima Blanco (piano). Escoitade:

Read more...

Ensaio das "Voces do MGB" para Dairas

>> 1 may 2010

Un grupo de alumnos e alumnas do MGB ensaia, baixo a batuta de María Varela, profesora de música no Centro, o tema de Anthony & The Johnsons "Hope There´s someone", co obxectivo de incluílo na BSO orixinal de Dairas. Aquí tedes unha mostra dos ensaios.

Read more...

Fotografías cabeceira e laterais

Mamen Fernández Blanco

  © Blogger templates Sunset by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP