Parabéns!!!

>> 29 nov 2011


Que se me gustou a película? Moito. Verdadeirametne moito. Felicita ás rapaces e rapaces e tamén ao profesorado porque é un traballo que se ve con gusto e emoción.
Tamén disfrutei moito da lectura dos poemas do libro, algúns dos autores e autoras bos e admirados amigos meus.

 


 
Veño de ver o voso traballo e, certamente, aínda estou abraiado e as imaxes e a música fican gravadas na memoria. Os meus máis entusiastas parabéns para ese alto exemplo de solidariedade e arte. Si, señor. Felicita a tod@s da miña parte.

Unha forte aperta,



Estimados compañeiros e compañeiras de profesión do IES Manuel García Barros:
Quero felicitar, así, en fresco, ao IES ao completo e en especial ao equipo DAIRAS por esa marabilla de traballo arredor do Sahara.
 Soubestes, de certo, estar "onde as mans enfrían" para quecer corpo e alma de quen case non ten mans para estender... estivestes alí...
Ata nos silencios se escoitaba a vosa voz potente, a vosa protesta...
Tende por seguro que a vosa canción voará por riba dos tellados do mundo.
Fixestes un traballo magnífico e difícil, moi difícil. Pode que ao alumnado participante non lle acorde en que momento aprenderon a distinguir as "adverbiais" das "de relativo", pero iso non o van esquecer...
Parabéns por tanto.
Ben seguro que chegarán máis recoñecementos, todos merecidísimos.
Unha forte aperta para todo o equipo Dairas

Read more...

Donación 8000 euros

>> 18 nov 2011

Fixéronse entrega de 8000 euros (5000 en metálico e 300 libros, que se encargaron de vender a propia asociación, de momento. Faltan 2000 euros máis da edición do libro dvd, que entregaremos unha vez vendidos todos.
Mesmo cabe a posibilidade de sacar á venda unha segunda edición!!!

Donación Dairas prensa

Read more...

Dairas, unha curtametraxe de animación.

>> 17 nov 2011

Dairas pretende unha reflexión á realidade de miles de persoas que padecen as consecuencias das guerras, das disputas do territorio....
Miles de nenos viven ao límite cada día, coa esperanza de poder cambiar o seu destino.
Este traballo, debe ser quen de transmitirnos a crúa realidade de un campamento de refuxiados, guiados por unha personaxe principal, Ahmed, coa ilusión e convencemento de que é posible unha situación mellor.
As ferramentas a utilizar son a fotografía, modelado de plastilina, música...
Pero o máis importante, a mellor ferramenta coa que contaremos, será o factor humano, a ilusión  e adicación dos nosos alumnos e alumnas " Miguel Carbajal. 

Read more...

Entrega de recadación

O xoves 27 de novembro de 2011, no segundo recreo e na sala de usos múltiples, entregarase a recadación do libro á ONG GALICIA SOLIDARIA CO POBO SAHARAUÍ.
Os fondos serán destinados á construcción dunha escola no campamento de refuxiados de TINDOUF.

Read more...

Finalistas!!!

>> 27 jul 2011

Desde la Oficina Técnica del Premio a la Acción Magistral nos complace ponernos en contacto con usted para notificarle que el proyecto que usted presentó titulado “DAIRAS. Cortometraje inspirado en campamento refugiados Tindouf: http://dairasmgb.blogspot.com” ha sido uno de los finalistas de la Categoría B en la fase de Evaluación Autonómica. Esto significa que su candidatura se elevará a la Comisión de Evaluación Estatal como proyecto recomendado.


Este é o correo que recibía hoxe con tan fantástica noticia.
O premio á acción maxistral é un recoñecemento ó autor, nembargantes isto non sería posible sin o traballo de tantas persoas implicadas e responsables. Parabéns á comunidade " DAIRAS " e coma sempre, unha aperta especial a todo o alumnado do Taller de Creación Artística.

http://premio.fad.es/

Read more...

TVG

>> 7 jun 2011

Unha reportaxe realizada pola TVG sobre o proxecto do libro e dvd.

Para ver o vídeo de Dairas comezar en: 1:08

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Read more...

Dairas na TVG

>> 20 may 2011

O venres día vinte, a TVG fará unha reportaxe sobre a presentación do libro e DVD "DAIRAS"
Estarán presentes:
Carlos Loureiro, coordinador do libro.
Miguel Carbajal, autor e director de Dairas

Read more...

Presentación libro e dvd, un novo paso.

>> 14 may 2011

Na presentación do libro e dvd "DAIRAS" levada a cabo no día de onte 13/05/11 no museo MOME de A Estrada, perante numeroso público, a presidenta da ONG "Solidaridade Galega o Pobo Saharauí" dona; Maite Isla, fixo público o seguinte:


"Despois de teren unhas conversas co Ministerio, decidimos que os cartos da recadación do libro e dvd, serán empregados en abrir unha nova escola nos campamentos de Tindouf, esta nova escola levará o nome do voso IES Manuel García Barros"

A noticia, inesperada, emocionounos a todos. Non só aos implicados, senón tamén aos que asistiron ao acto, que por certo, foron moitos e mercaron moitos libros.

Na mesa estiveron:

Marta Rodriguez, como representante dos alumnos/as.

Gisele Maisa, directora do IES.

Maite Isla, presidenta Galicia Solidaria co Pobo Saharauí.

Carlos Loureiro, como coordinador do libro.

Miguel Carbajal, como autor e director da obra Dairas.

Entre os asistentes tamén contamos coa presencia dos poetas que colaboraron no libro, a diseñadora da portada, a familia Abdulkader Sande ( responsables da tradución ó árabe dos poemas ) o director do MOME, Xosé Luna. Tamén contamos coa prencia do concelleiro de cultura, Sr. Sanmartín Obelleiro, en representación do Concello de A Estrada . O cal  fixo entrega de un agasallo a Miguel Carbajal, como director do Taller de Creación Artística do IES García Barros.
Tamén contamos coa presencia de numerosos alumnos/as que participaron no traballo, e como non, sempre presente e disposto a traballar, Xoán Xosé Pérez; director artístico de Dairas.

Noraboa a todos/as que confiastes no proxecto e aportastes o voso traballo.

Miguel Carbajal.

Read more...

Certamen curtametraxes

>> 10 may 2011

Dairas estará presente no Encontro do Audiovisual Galego

O encontro terá lugar o venres 27 de maio de 2011 entre as 10.00h e as 20.00h. Pola mañá, a Casa de Cultura do Concello de Porto do Son acollerá a proxección dos traballos escolares e a entrega do XII Premio Leixaprén. O encontro trasladarase pola tarde ás instalacións do IES de Porto do Son, no que se desenvolverán os obradoiros formativos e o foro dos docentes.

Read more...

Confirmado

>> 4 may 2011

O vindeiro venres  trece de maio, faremos a presentación do libro e dvd de  " Dairas "
Lugar museo MOME.
Xa se poden mercar nos seguintes lugares:
Librería Alberte Quiñoi
Librería Durán
Bar A Farola
Argentinos Burguer
Bar Porto- Taberna de Ouzande
Bar Andalucía
I.E.S. García Barros

Read more...

Dairas libro e DVD

>> 2 may 2011

Xa presentamos o poemario e dvd de Dairas. ( prensa )
Agora teremos que vender 1000 libros para recadar 10.000 euros e envialos ó campamento de refuxiados de Tindouf.
Alumnos e alumnas que traballastes tan duro.... agora estamos moi preto do final!!
Segundo informou o profesor Carlos Loureiro, é probable que o vindeiro venres trece de maio, poidamos facer unha presentación no MOME da Estrada. Ainda non está confirmado o día e a hora, pero é probable que sexa ese día. Atentos ó blog, en canto saibamos os detalles xa o publicamos.

Read more...

think1tv

>> 29 abr 2011

Moitas grazas a THINK1TV por subir a curtametraxe Dairas á súa tv.
Think1tv é un proxecto fascinante, que puidemos descubrir no Congreso Nacional de Educación 2.0
Podedes entrar e ver o seu proxecto, e tamén podedes ver " Dairas " en portada, no apartado " Outras voces"

Read more...

Dairas educación

>> 25 mar 2011

Dairas estará presente en numerosos foros educativos.
29 marzo:  I.E.S Antón Losada e Nº 1 de A Estrada
13, 14 e 15 de abril:  II Congreso Escuela 2.0 - Zaragoza ( congreso nacional de educación )
29 abril: I.E.S Aller Ulloa de Lalín
30 abril:  IES Universidade Laboral de Culleredo ( xornadas de innovación educativa )

As ponencias dos congresos e conferencias serán levadas a cabo por:
Miguel Ángel Carbajal Porto: Autor e Director de  " Dairas "
Xoán Xosé Pérez Vieitez: Director artístico.
Grazas a tódolos profesores/as que participastes, de unha ou outra maneira, neste traballo.
Pero sobre todo, grazas a vós... alumnos/as que fixestes posible que ese soño se convirta en realidade !!!
Uns  " bonecos de plastilina " lembrades ?


Read more...

Premios á innovación educativa

>> 22 feb 2011

Premios

Preme

Read more...

Suma e segue...

>> 7 ene 2011

Dairas proxéctase na mostra Audiovisual de Vedra

http://senunpeso.org/index.php/mostra.html

Read more...

Fotografías cabeceira e laterais

Mamen Fernández Blanco

  © Blogger templates Sunset by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP