Parabéns!!!

>> 29 nov 2011


Que se me gustou a película? Moito. Verdadeirametne moito. Felicita ás rapaces e rapaces e tamén ao profesorado porque é un traballo que se ve con gusto e emoción.
Tamén disfrutei moito da lectura dos poemas do libro, algúns dos autores e autoras bos e admirados amigos meus.

 


 
Veño de ver o voso traballo e, certamente, aínda estou abraiado e as imaxes e a música fican gravadas na memoria. Os meus máis entusiastas parabéns para ese alto exemplo de solidariedade e arte. Si, señor. Felicita a tod@s da miña parte.

Unha forte aperta,



Estimados compañeiros e compañeiras de profesión do IES Manuel García Barros:
Quero felicitar, así, en fresco, ao IES ao completo e en especial ao equipo DAIRAS por esa marabilla de traballo arredor do Sahara.
 Soubestes, de certo, estar "onde as mans enfrían" para quecer corpo e alma de quen case non ten mans para estender... estivestes alí...
Ata nos silencios se escoitaba a vosa voz potente, a vosa protesta...
Tende por seguro que a vosa canción voará por riba dos tellados do mundo.
Fixestes un traballo magnífico e difícil, moi difícil. Pode que ao alumnado participante non lle acorde en que momento aprenderon a distinguir as "adverbiais" das "de relativo", pero iso non o van esquecer...
Parabéns por tanto.
Ben seguro que chegarán máis recoñecementos, todos merecidísimos.
Unha forte aperta para todo o equipo Dairas

0 comentarios:

Fotografías cabeceira e laterais

Mamen Fernández Blanco

  © Blogger templates Sunset by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP