Carta escrita polo compañeiro e amigo Carlos Loureiro

>> 11 nov 2010

Esta é a carta que esribiu Carlos Loureiro para invitar a participar no proxecto solidario ás/ós amigos poetas de Tabeirós Terra e Cuntis.

Prezado amigo......................:
Tal e como che comentara nun correo anterior sobre o proxecto dunha obra poética solidaria co pobo saharahui e tomando como base referencial a obra de DAIRAS, pois dicirche que isto vai para adiante e xa estamos a traballar polo que che pido a túa colaboración lírica. A idea é que a venda íntegra dos 1000 ou máis libros que se editen vaian para unha escola de Tinduf. Esta obra levaría unha serie de poemas centrados na temática do Sáhara, tan noticiábel precisamente estes días, a súa tradución ao árabe e tamén o DVD da obra DAIRAS. Consideramos que, ademais do seu aspecto solidario, isto pode ser unha ferramenta de traballo nas aulas ou en calquera outro espazo cultural. Como base de inspiración podes tomar toda a información que se poida achar no blog de DAIRAS, presente na nosa páxina web do centro (con pór “ies manuel garcia barros” en google xa vas entrar na nosa páxina e alí, do lado dereito vas encontrar o partado de “dairas”; por desgraza o máis importante está ao comezo, que no blog terás que ir até o final, xa que está temporalmente desde o comezo até agora) onde verás as ideas primixenias do Miguel Carbajal, de como concebiu a obra e demais...
Desde logo que canto antes estean nas nosas mans os poemas, máis pronto poderemos mandalos a traducir e a artellar a obra; pensamos que como máximo interesaría que nos chegasen antes do 11 de Decembro. Gustaríanos poder ter a obra nas nosas mans en xeneiro. Así que nos vaian entrando xa imos traballando, pero para esa data comezamos coa enmaquetación do libro, que levará dúas introducións: unha de Miguel Carbajal, o gran artífice da orixe deste proxecto, e outra do grande mestre, don Xosé Neira Vilas. Canto á extensión, non me gusta pórlle fronteiras á expresión polo que o deixo ao teu dispor. O libro está configurado con 56 páxinas para todo e a previsión está nuns/nunhas 20 autores/-as de Tabeirós-Terra de Montes-Cuntis...
Ben, recibe xa un solidario agradecemento e non dubides en preguntar calquer dúbida.
Carlos Loureiro

0 comentarios:

Fotografías cabeceira e laterais

Mamen Fernández Blanco

  © Blogger templates Sunset by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP