Mostrando entradas con la etiqueta Ahmed. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ahmed. Mostrar todas las entradas

Última toma

>> 30 may 2010


Agora sí. Esta é a última toma que fotografamos. Máis de 150 fotos darán como resultado unhas imaxes da nai de Ahmed amasando pan. Queremos con isto amosar a súa rutina diaria.
Aquí vemos os segredos da montaxe. Se nos fixamos ben podemos apreciar un pauciño negro na saia da nai, que serve para asegurar que non se mova do sitio. Fixádevos no pó branco que foi feito raspando unha tiza, para dar maior realismo ao que está a facer.
Tivemos que facerlle tamén un corte co cúter co que poder suxeitar ben a plastilina que leva nas mans (co movemento que debe facer para amasar caía e daba moitos problemas). O resultado é satisfactorio, sobre todo se pensamos nos medios empregados.
Xa está montado o vídeo. O movemento queda bastante natural. É unha das tomas que tivemos que repetir varias veces debido á súa dificultade. Está listo por fin.
Con esta sesión rematamos o traballo fotográfico e superamos ben as 10.000 fotografías. Nin os máis optimistas podíamos pensar, no mes de outubro, que chegaríamos tan lonxe.
Agora agarda esperar a estrea e desexar que todo o equipo disfrute dos resultados.

Read more...

Interior dunha jaima. Fonte de inspiración.

>> 15 may 2010




Hoxe tomaronse máis de 300 fotografías (xa pasamos das 8000)
Corresponden a unha toma onde poderemos ver ao pai de Ahmed lendo un libro.
Antes de poder montar a maqueta tivemos que ver moitas fotos e vídeos propios do lugar para poder achegarnos un pouco á estética e reflectir o mellor posible as cores e as formas.

Read more...

Ahmed solta unha bágoa

>> 10 may 2010


Podemos ver nesta imaxe como se está a preparar para crear unha bágoa no rostro de Ahmed.
A situación que acaba de vivir é traxica, e o noso protagonista non pode agochar a súa pena.
Precisáronse catro capas de vídeo con alpha para lograr o efecto, e dúas horas de montaxe para esa toma.

Read more...

Retoque fotográfico

>> 8 may 2010


O corpo de Ahmed dixo basta.
A peasares de utilizar varios modelos para o protagonista, a plastilina deteriorouse de tal maneira que agora os monecos rompen con facilidade.
Bego agora está a facer un retoque fotográfico. Consiste en reparar unhas 130 fotografías.
Co movemento do pescozo prodúcense gretas que debemos tapar. Coa plastilina é moi complicado, por iso se está a facer cun programa de retoque fotográfico. Unha por unha vaise tapando a zona que está rota. O resultado é bo, pero o traballo tamén o é.

Read more...

Sesión de tarde. Iluminación nocturna.

>> 1 abr 2010


Isto que vedes na imaxe é a iluminación para as tomas nocturnas.
Tivemos que aventurarnos un pouco, pero quedou ben (o maldito foco quería xogarnos malas pasadas, por iso tivemos que recorrer aos alicates que se ve na foto )
Con case 400 fotos máis, agora só queda unha toma nocturna e os interiores da Jaima de Ahmed.
Parece incrible o que dá de si a Semana Santa...

Read more...

Escenas do hospital

>> 31 mar 2010


Rematamos.
Hoxe tiñamos previsto rematar as tomas exteriores e así foi.
Pola mañá puidemos rematar unha toma onde vimos a Ahmed e ó seu amigo nunha situación extremadamente grave.
Contamos con dúas persoas de modelaxe e, grazas a elas, avanzamos un pouco máis do previsto.
Xa pola tarde comezamos coas tomas do hospital. A parte máis lenta son os preparativos. Xoque colocou de novo a luz para adecuala a un interior dun hospital no deserto. O resultado é fantástico.
A iluminación chega só dende fóra, a través das fiestras, e as imaxes son moi fermosas.
En total fixemos nas dúas sesións unhas 470 fotos.
Mañá tócalle á escola. A iluminar de novo.
A avantaxe que temos agora é que non traballamos na area e aínda que caia unha personaxe non se mancha.
Tamén estivemos repasando todos os vídeos. É posible que teñamos que repetir unha toma dunhas 350 fotos, porque foi cando se avariou a cámara e nótase bastante o cambio.
Isto é como unha carreira de fondo. Primeiro comezas moi forte, logo o traxecto aburrido, km tras km.
Ao final sempre faltan forzas, pero como coñecemos a sensación, sabemos que se as forzas menguan é que a meta está cerca.

Read more...

Ahmed cobra vida

>> 30 mar 2010


Estamos cada vez máis cerca de rematar as tomas exteriores.
Hoxe fotografamos catro tomas de dúas escenas diferentes. En total 1046 fotos.
A toma máis complexa foi aquela en que utilizamos varios personaxes á vez. Tiveron que facer movementos coordinados nunha especie de xogos rítmicos. A area non está a ser a nosa aliada. Cada vez que cae un personaxe temos que limpalo ben e volver ó paso anterior. Engádese tamén os pequenos movementos da area en canto pousamos unha man para fotografar.
Tamén puidemos darlle vida ó noso neno protagonista lendo no seu querido libro.
Ahmed é un neno que quere saír do inferno en que está a vivir e sabe que a súa saída é o estudo.
Ten unha boa influencia, porque o seu pai é unha persoa moi estudosa e gústalle moito a lectura. Por desgraza a nai ten bastante traballo coas tarefas familiares. Asemade forma parte do comité de reparto de alimentos dunha daira.
Ahmed está a punto de tomar unha decisión que será fundamental para a súa vida.

Read more...

Fotografías cabeceira e laterais

Mamen Fernández Blanco

  © Blogger templates Sunset by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP