Mostrando entradas con la etiqueta Dairas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dairas. Mostrar todas las entradas

Primeiras fotos

>> 11 ene 2010


Na última sesión comezamos a tirar as primeiras fotos da curta, onde aparecen xa algunhas escenas da batalla inicial.
Visítanos nesta ocasión XoqueCarbajal; Fotógrafo e actor profesional. Traballou en diversos proxectos como director de fotografía e iluminación así como actor de teatro e cine. Nominado en dúas ocasión ós premios Goya de fotografía. Achegounos a súa experiencia para o enfoque e iluminación das primeiras tomas definitivas. Deunos unha pequena charla sobre as técnicas a utilizar e algún recurso dentro das nosas posibilidades. O resultado da xornada foi moi positivo e as fotografías amosaron a calidade do currículo. Moitas grazas pola colaboración que sen dúbida será moi interesante.
As fotografías tiráronse con dúas cámaras, cada unha desde unha perspectiva distinta, para obter máis riqueza na produción da curtametraxe. Isto serve para a hora da montaxe á seleccion das mellores fotos para mellorar a calidade e probar a xogar con novos efectos.
Os encargados de fotografar foron dúas persoas con cada camara mentres que outros se dedicaban a mover os bonecos de plastilina en cada foto que se tiraba.

Read more...

A punto...

>> 21 dic 2009

Ao longo desta semana realizamos varios traballos co fin de preparar todo o necesario para comezar a fotografar as tomas que formarán a primeira escena da curta.
Continuouse coa maqueta do deserto. Para conseguir un mellor efecto e que os bonecos non se deterioren ao estar encima da area, empregamos unha técnica que consistiu, en primeiro lugar, en retirar parte da area da tea azul. Logo, esta foi mesturada con cola, para despois esparexela de novo. Unha vez que secou, botámoslle unha pouca máis area para mellorar o efecto.
Tamén fixemos unhas probas para ver se podiamos facer máis flexibles os bonecos de plastilina endurecidos polo frío e polo tempo, aplicándolles calor.
Por último, Abel estívonos explicando como manexar os programas de montaxe de vídeo que imos empregar para realizar esta curta.
Esta semana contamos con comezar xa coas fotografías das escenas da batalla inicial.

Read more...

Deserto e maquetas

>> 7 dic 2009

O traballo realizado esta semana consistiu en continuar coas tarefas de maquetas, especialmente centrándonos nas casas. Por outra parte, tamén comezamos a pegar a area do deserto á maqueta azul, para que así non deteriore a paisaxe nin aos bonecos de plastilina.
Este mércores tamén recibimos a visita do guionista, realizador e director de fotografía Paco Rañal, que nos deu varios consellos para levar a cabo o noso proxecto con máis facilidade. Na imaxe podemos ver un dos esquemas que realizou, firmado por el.

Read more...

Tres traballos simultáneos.

>> 29 nov 2009

Esta semana dividimos o traballo en tres grupos diferentes. Un deles encargouse de facer outra proba semellante á da semana pasada, fotografando a primeira escena. Outro continuou coa elaboración do decorado e de obxectos necesarios para futuros emprazamentos. O terceiro grupo encargouse de buscar na rede sons que poidan ser empregados na curta, especialmente de armas, para engadirlle ás imaxes unha vez completada a montaxe.
Este martes tamén vimos o resultado das probas realizadas a semana anterior, o que foi moi gratificante.

Read more...

Primeiras probas de gravación

>> 20 nov 2009

Estamos xa a punto de comezar a rodar. O traballo desta semana consistiu en facer unhas pequenas probas de gravación, para ensaiar como se farán as primeiras escenas da curta. Estas probas realizaronse a partir do guión técnico elaborado a semana pasada. Para facer estas probas, as persoas que elaboraron cada parte do guión encargáronse de mover os seus respectivos personaxes. Despois de cada pequeno movemento, outra persoa ía tirando cada unha das fotografías que, unha vez elaborado o vídeo no ordenador, darán sensación de movemento.
Unha vez que vexamos dito vídeo, saberemos onde cometemos erros e, por tanto, que é o que temos que ter en conta á hora de fotografar as verdadeiras escenas.

Read more...

Imaxes do guión técnico






Read more...

Primeiro guión técnico

>> 15 nov 2009

Esta semana, o traballo realizado foi a elaboración do guión técnico da parte inicial da curta, a guerra. Dividímonos en pequenos grupos de traballo, e cada un deles encargouse dunha escena, que foi representada graficamente con debuxos e esquemas. Ordenáronse todos estos bosquexos e conseguiuse un esqueleto do que será a guerra, o que será moi útil á hora de comezar a gravar.
Por outra parte, tamén comezamos a manexar algúns termos específicos á hora de nomear os distintos tipos de planos (primeiro plano, plano xeral...) para así entendérmonos mellor entre nós e empregar o mesmo vocabulario.

Read more...

Un exército case ao completo

>> 8 nov 2009

O traballo realizado esta semana centrouse especialmente en rematar o maior número de personaxes posibles, para así poder comezar pronto coa rodaxe da primeira escena, unha guerra entre dous bandos ben diferenciados que dará orixe á historia do noso protagonista.
Á parte da elaboración de ditos personaxes, tamén se comezaron a facer as primeiras fotografías na maqueta do deserto, elaborada a semana pasada. Deste xeito, saberemos se a luz é a adecuada, como teremos que mover os personaxes... Pouco a pouco iremos adquirindo práctica e cada vez será máis doado.

Read more...

Fotografías cabeceira e laterais

Mamen Fernández Blanco

  © Blogger templates Sunset by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP