Mostrando entradas con la etiqueta modelaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta modelaxe. Mostrar todas las entradas
Tivemos que recorrer a algúns "trucos" para poder fotografar. Os bonecos ás veces daban problemas para manterse en pé. Aquí podemos ver como solucionamos o problema.
A falta de presuposto, aumento de inxenio.
A verdade é que funcionou!
Read more...
Retoque fotográfico
>> 8 may 2010
O corpo de Ahmed dixo basta.
A peasares de utilizar varios modelos para o protagonista, a plastilina deteriorouse de tal maneira que agora os monecos rompen con facilidade.
Bego agora está a facer un retoque fotográfico. Consiste en reparar unhas 130 fotografías.
Co movemento do pescozo prodúcense gretas que debemos tapar. Coa plastilina é moi complicado, por iso se está a facer cun programa de retoque fotográfico. Unha por unha vaise tapando a zona que está rota. O resultado é bo, pero o traballo tamén o é.
Read more...
Etiquetas:
Ahmed,
fotografía,
modelaxe,
plastilina
Traballo do martes 23 de marzo
>> 24 mar 2010
A día de hoxe, os traballos están bastante avanzados. Grazas ó empeño de todo o equipo e á ilusión que está a poñer no proxecto, todo comeza a tomar forma. Xoán, co seu equipo de maqueta e modelaxe teñen un gran reto por diante. A nosa intención é fotografar na semana santa cinco ou seis escenas...unhas 3000 fotografías. Se o traballo de maqueta non estivese listo, a rodaxe retardaríase moito. Non é por presionar... je..je
As cousas están a saír ben.
Hoxe recibimos a confirmación por parte do tenor César Torres da súa participación ( coñecín a César hai anos, tocando xuntos e será un pracer estar xuntos de novo ) . Cantará un lied de Schubert acompañado da alumna Fátima Blanco ó piano.
Esta peza será gravada no auditorio de Vila de Cruces o vindeiro 26 de abril. Empregarémola nun dos momentos máis sensibles da curta.
Ánimo a tod@s nesta recta final. Todas as enerxías deben estar na mesma dirección. Estamos cada vez máis cerca do noso soño.
Ímolo conseguir
Read more...
Etiquetas:
Maqueta,
modelaxe,
plastilina
Montaxe de vídeo e modelaxe de Jaimas
>> 19 ene 2010
O equipo de Dairas está volcado de cheo no proxecto, que tocou a parte máis sensible de nós. Agora isto é imparable, a ilusión e desexo de comezar a ver as primeiras montaxes, alimentan cada día o noso entusiasmo.
Hoxe repartimos o traballo en dous grupos. Un grupo traballou na selección, retoque fotográfico e montaxe de imaxe e son do primeiro minuto da curta. O outro grupo traballou nas Jaimas que darán forma ó escenario da seguinte toma fotográfica.
As sensacións son moi positivas e o clima de traballo excelente. Ánimo a todos/as estamos no camiño...
Miguel Carbajal.
Read more...
Miguel Carbajal.
Modelaxe con plastilina
>> 20 nov 2009
O traballo a realizar nesta xornada, pretende iniciar os aumnos/as na modelaxe con plastilina.
Propoñemos un modelo de personaxes e guiamos cunhas pautas:
1) Os personaxes deben ter personalidade propia
2) Debemos traballar en varias escalas
3) Os bonecos contarán con algunha estrutura para poder cambiar só a cabeza, brazos etc.
4) Non debemos utilizar as cores azul nin verde
Por outra banda, outro grupo de traballo está a traballar na maqueta.
1) Trouxemos barro natural dunha barroeira situada na aldea de Ouzande
2) Tratamos o barro pasando por unha peneira para simular a area do deserto
3) Colocamos unha moqueta con obxectos debaixo para falsear unhas dunas
4) Fixemos fotografías para comprobar que o efecto é o desexado
Etiquetas:
Maqueta,
miguel,
modelaxe,
plastilina
Suscribirse a:
Entradas (Atom)