Finalistas!!!
>> 27 jul 2011
Desde la Oficina Técnica del Premio a la Acción Magistral nos complace ponernos en contacto con usted para notificarle que el proyecto que usted presentó titulado “DAIRAS. Cortometraje inspirado en campamento refugiados Tindouf: http://dairasmgb.blogspot.com” ha sido uno de los finalistas de la Categoría B en la fase de Evaluación Autonómica. Esto significa que su candidatura se elevará a la Comisión de Evaluación Estatal como proyecto recomendado.
Este é o correo que recibía hoxe con tan fantástica noticia.
O premio á acción maxistral é un recoñecemento ó autor, nembargantes isto non sería posible sin o traballo de tantas persoas implicadas e responsables. Parabéns á comunidade " DAIRAS " e coma sempre, unha aperta especial a todo o alumnado do Taller de Creación Artística.
http://premio.fad.es/
TVG
>> 7 jun 2011
Unha reportaxe realizada pola TVG sobre o proxecto do libro e dvd.
Para ver o vídeo de Dairas comezar en: 1:08
Presentación libro e dvd, un novo paso.
>> 14 may 2011
Na presentación do libro e dvd "DAIRAS" levada a cabo no día de onte 13/05/11 no museo MOME de A Estrada, perante numeroso público, a presidenta da ONG "Solidaridade Galega o Pobo Saharauí" dona; Maite Isla, fixo público o seguinte:
"Despois de teren unhas conversas co Ministerio, decidimos que os cartos da recadación do libro e dvd, serán empregados en abrir unha nova escola nos campamentos de Tindouf, esta nova escola levará o nome do voso IES Manuel García Barros"
A noticia, inesperada, emocionounos a todos. Non só aos implicados, senón tamén aos que asistiron ao acto, que por certo, foron moitos e mercaron moitos libros.
Na mesa estiveron:
Marta Rodriguez, como representante dos alumnos/as.
Gisele Maisa, directora do IES.
Maite Isla, presidenta Galicia Solidaria co Pobo Saharauí.
Carlos Loureiro, como coordinador do libro.
Miguel Carbajal, como autor e director da obra Dairas.
Entre os asistentes tamén contamos coa presencia dos poetas que colaboraron no libro, a diseñadora da portada, a familia Abdulkader Sande ( responsables da tradución ó árabe dos poemas ) o director do MOME, Xosé Luna. Tamén contamos coa prencia do concelleiro de cultura, Sr. Sanmartín Obelleiro, en representación do Concello de A Estrada . O cal fixo entrega de un agasallo a Miguel Carbajal, como director do Taller de Creación Artística do IES García Barros.
Tamén contamos coa presencia de numerosos alumnos/as que participaron no traballo, e como non, sempre presente e disposto a traballar, Xoán Xosé Pérez; director artístico de Dairas.
Noraboa a todos/as que confiastes no proxecto e aportastes o voso traballo.
Miguel Carbajal.
Certamen curtametraxes
>> 10 may 2011
Dairas estará presente no Encontro do Audiovisual Galego
O encontro terá lugar o venres 27 de maio de 2011 entre as 10.00h e as 20.00h. Pola mañá, a Casa de Cultura do Concello de Porto do Son acollerá a proxección dos traballos escolares e a entrega do XII Premio Leixaprén. O encontro trasladarase pola tarde ás instalacións do IES de Porto do Son, no que se desenvolverán os obradoiros formativos e o foro dos docentes.
Confirmado
>> 4 may 2011
O vindeiro venres trece de maio, faremos a presentación do libro e dvd de " Dairas "
Lugar museo MOME.
Xa se poden mercar nos seguintes lugares:
Librería Alberte Quiñoi
Librería Durán
Bar A Farola
Argentinos Burguer
Bar Porto- Taberna de Ouzande
Bar Andalucía
I.E.S. García Barros
Dairas libro e DVD
>> 2 may 2011
Xa presentamos o poemario e dvd de Dairas. ( prensa )
Agora teremos que vender 1000 libros para recadar 10.000 euros e envialos ó campamento de refuxiados de Tindouf.
Alumnos e alumnas que traballastes tan duro.... agora estamos moi preto do final!!
Segundo informou o profesor Carlos Loureiro, é probable que o vindeiro venres trece de maio, poidamos facer unha presentación no MOME da Estrada. Ainda non está confirmado o día e a hora, pero é probable que sexa ese día. Atentos ó blog, en canto saibamos os detalles xa o publicamos.
think1tv
>> 29 abr 2011
Moitas grazas a THINK1TV por subir a curtametraxe Dairas á súa tv.
Think1tv é un proxecto fascinante, que puidemos descubrir no Congreso Nacional de Educación 2.0
Podedes entrar e ver o seu proxecto, e tamén podedes ver " Dairas " en portada, no apartado " Outras voces"
Dairas educación
>> 25 mar 2011
Dairas estará presente en numerosos foros educativos.
29 marzo: I.E.S Antón Losada e Nº 1 de A Estrada
13, 14 e 15 de abril: II Congreso Escuela 2.0 - Zaragoza ( congreso nacional de educación )
29 abril: I.E.S Aller Ulloa de Lalín
30 abril: IES Universidade Laboral de Culleredo ( xornadas de innovación educativa )
As ponencias dos congresos e conferencias serán levadas a cabo por:
Miguel Ángel Carbajal Porto: Autor e Director de " Dairas "
Xoán Xosé Pérez Vieitez: Director artístico.
Grazas a tódolos profesores/as que participastes, de unha ou outra maneira, neste traballo.
Pero sobre todo, grazas a vós... alumnos/as que fixestes posible que ese soño se convirta en realidade !!!
Uns " bonecos de plastilina " lembrades ?
