Traballo do martes 23 de marzo

>> 24 mar 2010



A día de hoxe, os traballos están bastante avanzados. Grazas ó empeño de todo o equipo e á ilusión que está a poñer no proxecto, todo comeza a tomar forma. Xoán, co seu equipo de maqueta e modelaxe teñen un gran reto por diante. A nosa intención é fotografar na semana santa cinco ou seis escenas...unhas 3000 fotografías. Se o traballo de maqueta non estivese listo, a rodaxe retardaríase moito. Non é por presionar... je..je
As cousas están a saír ben.
Hoxe recibimos a confirmación por parte do tenor César Torres da súa participación ( coñecín a César hai anos, tocando xuntos e será un pracer estar xuntos de novo ) . Cantará un lied de Schubert acompañado da alumna Fátima Blanco ó piano.
Esta peza será gravada no auditorio de Vila de Cruces o vindeiro 26 de abril. Empregarémola nun dos momentos máis sensibles da curta.
Ánimo a tod@s nesta recta final. Todas as enerxías deben estar na mesma dirección. Estamos cada vez máis cerca do noso soño.
Ímolo conseguir

Read more...

Dairas na "escola" do Faro de Vigo

>> 9 mar 2010

Hoxe saíu publicado no suplemento do Faro de Vigo "A escola do faro" unha reportaxe sobre o noso traballo. Aquí tedes o arquivo en *.pdf

Read more...

Construcción da maqueta da escola e hospital

>> 5 mar 2010

Este é un dos pasos máis importantes en canto á creación da maqueta. Os alumnos están a construír o que vai ser o interior da escola e un hospital, e tamén a jaima principal, onde vive o noso protagonista.
Podemos ver as mesas de cartón, que aínda están sen pintar. Deben ser reparadas, porque están un pouco baixas para os monecos de plastilina que temos. Na vindeira semana estarán rematadas e poderemos comezar a fotografar as tomas da escola.
A partir da vindeira semana tamén traballaremos os sábados pola mañá, porque agora precisamos moitas horas para fotografar.

Read more...

Dairas en EstradaTelevisión

>> 1 mar 2010

Emisión do xoves 25 de febreiro de 2010 en EstradaTelevisión.

Read more...

Rolda de prensa

>> 26 feb 2010

Onte xoves día 25 de febreiro, na sala de Xuntas do Concello da Estrada, tivo lugar unha rolda de prensa para dar a coñecer os avances no noso traballo.
Hoxe saen na prensa varios artigos. Podes lelos dende aquí:

Read more...

Problemas coa temperatura de cor

>> 5 feb 2010

Esta semana tivemos algúns problemas serios coas fotografías. Según nos explicou Xoque Carbajal, isto foi debido á temperatura de cor e balance de brancos. Explicounos que a cor non é a mesma a pequenas distancias do foco de luz. Unha das cámaras que utilizamos estaba en modo automático e por iso tivemos esas diferencias de cor. Afortunadamente Xoque decidiu axudarnos de novo e conseguiu reparalas moi ben. Case trescentas fotografías tiveron que ser retocadas. De tódolos xeitos a experiencia serviu para aprender algo máis sobre fotografía. Agora traballamos coas cámaras en posición manual e poñémoslle os parámetros que precisamos, para non sufrir estos sustos.

Read more...

Prisión de acero

Isto é o primeiro traballo de Veru (Mr. Misto films), o formador do curso que estamos a recibir. Non só fixo a animación senón que tamén fixo a música.

Read more...

Fotografías cabeceira e laterais

Mamen Fernández Blanco

  © Blogger templates Sunset by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP