Sesión de tarde. Iluminación nocturna.

>> 1 abr 2010


Isto que vedes na imaxe é a iluminación para as tomas nocturnas.
Tivemos que aventurarnos un pouco, pero quedou ben (o maldito foco quería xogarnos malas pasadas, por iso tivemos que recorrer aos alicates que se ve na foto )
Con case 400 fotos máis, agora só queda unha toma nocturna e os interiores da Jaima de Ahmed.
Parece incrible o que dá de si a Semana Santa...

Read more...

Fotografando a escola


Isto forma parte da rodaxe da escola. 434 fotos darán como resultado uns 40 segundos. Nun primeiro momento tiñamos previsto fotografar unhas 700, pero non puido ser. A rodaxe é moi complicada e debemos saber adaptarnos ás circunstancias.

O resultado é moi satisfactorio e penso que a idea estará igualmente reflectida.
Agora centramos os nosos esforzos na penúltima montaña na rodaxe: as tomas nocturnas.

Xa vos contarei...

Read more...

A luz da escola


Isto é a vista dende fóra, do escenario e iluminación da escola.

Pódese apreciar o foco de luz a través das fiestras e mais unha pantalla por enriba para mellorar a iluminación.
Grazas unha vez máis a Xoque pola colocación da luz e polo material.

Read more...

Escenas do hospital

>> 31 mar 2010


Rematamos.
Hoxe tiñamos previsto rematar as tomas exteriores e así foi.
Pola mañá puidemos rematar unha toma onde vimos a Ahmed e ó seu amigo nunha situación extremadamente grave.
Contamos con dúas persoas de modelaxe e, grazas a elas, avanzamos un pouco máis do previsto.
Xa pola tarde comezamos coas tomas do hospital. A parte máis lenta son os preparativos. Xoque colocou de novo a luz para adecuala a un interior dun hospital no deserto. O resultado é fantástico.
A iluminación chega só dende fóra, a través das fiestras, e as imaxes son moi fermosas.
En total fixemos nas dúas sesións unhas 470 fotos.
Mañá tócalle á escola. A iluminar de novo.
A avantaxe que temos agora é que non traballamos na area e aínda que caia unha personaxe non se mancha.
Tamén estivemos repasando todos os vídeos. É posible que teñamos que repetir unha toma dunhas 350 fotos, porque foi cando se avariou a cámara e nótase bastante o cambio.
Isto é como unha carreira de fondo. Primeiro comezas moi forte, logo o traxecto aburrido, km tras km.
Ao final sempre faltan forzas, pero como coñecemos a sensación, sabemos que se as forzas menguan é que a meta está cerca.

Read more...

Ahmed cobra vida

>> 30 mar 2010


Estamos cada vez máis cerca de rematar as tomas exteriores.
Hoxe fotografamos catro tomas de dúas escenas diferentes. En total 1046 fotos.
A toma máis complexa foi aquela en que utilizamos varios personaxes á vez. Tiveron que facer movementos coordinados nunha especie de xogos rítmicos. A area non está a ser a nosa aliada. Cada vez que cae un personaxe temos que limpalo ben e volver ó paso anterior. Engádese tamén os pequenos movementos da area en canto pousamos unha man para fotografar.
Tamén puidemos darlle vida ó noso neno protagonista lendo no seu querido libro.
Ahmed é un neno que quere saír do inferno en que está a vivir e sabe que a súa saída é o estudo.
Ten unha boa influencia, porque o seu pai é unha persoa moi estudosa e gústalle moito a lectura. Por desgraza a nai ten bastante traballo coas tarefas familiares. Asemade forma parte do comité de reparto de alimentos dunha daira.
Ahmed está a punto de tomar unha decisión que será fundamental para a súa vida.

Read more...

Fotografando de novo

>> 29 mar 2010

De novo estamos avanzando bastante. Despois do mal trago do sábado, poidemos comezar a fotografar con outra cámara, a Olympus do Centro.
Ao principio as fotos saían cunha calidade moi inferior, pero Xoque botounos outra manciña.
Tivo que retocar a luz, e iso que xa falamos algunha vez sobre o balanzo de brancos.
Un dos maiores inconvenientes desta cámara é o enfoque. Na que estabamos a utilizar, podiamos enfocar dende máis cerca. Con esta, temos un enfoque mínimo máis lonxe. Agora teremos que recortar os vídeos unha vez montados, para achegar o enfoque a onde queremos. Un pouco de traballo engadido.
Hoxe fotografamos un dos momentos sensibles da curta, Ahmed e o seu pai fonden nun emotivo abrazo...

Read more...

A cámara dixo basta!

>> 27 mar 2010

Hoxe é un día un pouco especial. Por unha banda moi positivo e por outra para esquecer.
Pola mañá todo foi moi ben, o grupo de maqueta e plastilina traballou moi, moi duro, e conseguíu avanzar moito. O equipo de montaxe tamén avanzou bastante, no retoque de fotografías, efectos especiais e cromakey. Xa conseguimos poñer a voz do noso compañeiro Arturo ao seu personaxe e pinta bastante ben a cousa.
O equipo de rodaxe, no cal estaba eu precisamente, tamén traballou ben pola mañá. Como temos gañas de ver o traballo avanzado decidimos seguir pola tarde coa rodaxe.
Este é o momento máis amargo. Despois de levar 470 fotos, que está moi ben, a cámara dixo que non seguía traballando. Nun primeiro momento pensamos que sería cuestión de pilas ou algo así. Despois de comprobar todo, decidín chamar a Xoque para ver se ao xefe tamén se lle resistía.
Tardou ben pouco en desmantelar a cámara e comprobar que o espello interno rompeu: demasiado traballo.
Agora teremos que continuar o luns coa cámara do insti, porque a de Xoque tardará máis de unha semana en ser reparada. Aínda por riba estamos en semana santa....
En fin, debemos seguir traballando moi duro para poder rematar no prazo que nos fixamos. Hai que ter moita confianza no proxecto e pensar que ós protagonistas de Dairas non lles molesta que rompa unha cámara de fotos, o que máis lles molesta e pasar fame, calor, sufrimento...

Iso si que son problemas

Read more...

Fotografías cabeceira e laterais

Mamen Fernández Blanco

  © Blogger templates Sunset by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP