Glog para Dairas
>> 15 jun 2010
Os alumnos de TICs de 1º de Bacharelato realizaron varios Glogs (pósters multimedia) para a estrea de Dairas. Este foi o que máis gustou, aínda que a elección foi moi difícil, pois o nivel estaba alto. A súa autora foi Sue Sánchez. Grazas Sue! Podes velo mellor en Pantalla grande.
Segundo pase o luns 28 de xuño
Anunciamos dende aquí un segundo pase de Dairas no Teatro Principal da Estrada, unha vez esgotadas as entradas do primeiro.
Será o vindeiro luns 28 de xuño, ás 21:00 horas.
Etiquetas:
estrea
Completo!
No transcurso da mañá de onte as entradas para a estrea de Dairas o vindeiro mércores 23 de xuño no Teatro Principal da Estrada, "voáronnos" literalmente das mans. Haberá pois un cheo absoluto para presenciar a primeira curtametraxe de animación do Taller de Creación Artística do MGB. Estamos intentando conseguir un segundo pase para toda aquela xente que quedou sen entrada.
Etiquetas:
estrea
Estrea de Dairas
>> 10 jun 2010
Hoxe presentamos aquí o avance da nosa curta. A súa estrea terá lugar o vindeiro mércores 23 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal da Estrada
Guión orixinal e dirección : Miguel A. Carbajal .
Guión orixinal e dirección : Miguel A. Carbajal .
Antony Hegarty danos permiso para usar a súa música
>> 7 jun 2010
Hoxe recibimos un correo da axencia musical que leva os dereitos de Antony Hegarty, membro da formación Antony and The Johnsons e compositor do tema "Hope's There's someone", que formará parte da BSO de Dairas, onde nos concedía a licenza para usar a súa música na nosa curta. Unha máis das numerosas colaboracións desinteresadas que estamos conseguindo para o noso proxecto. Dende aquí o noso agradecemento.
Grazas Antony!
Read more...
Etiquetas:
Antony Hegarty,
BSO,
música
Galería de imaxes de Dairas para a estrea do 23 de xuño
>> 2 jun 2010
Xa estamos quentando motoroes para a estrea de "Dairas". Será no teatro principal da Estrada, o vindeiro mércores 23 de xuño, ás 21:00 horas. Unha noite máxica, sen dúbida.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)