Certamen curtametraxes

>> 10 may 2011

Dairas estará presente no Encontro do Audiovisual Galego

O encontro terá lugar o venres 27 de maio de 2011 entre as 10.00h e as 20.00h. Pola mañá, a Casa de Cultura do Concello de Porto do Son acollerá a proxección dos traballos escolares e a entrega do XII Premio Leixaprén. O encontro trasladarase pola tarde ás instalacións do IES de Porto do Son, no que se desenvolverán os obradoiros formativos e o foro dos docentes.

Read more...

Confirmado

>> 4 may 2011

O vindeiro venres  trece de maio, faremos a presentación do libro e dvd de  " Dairas "
Lugar museo MOME.
Xa se poden mercar nos seguintes lugares:
Librería Alberte Quiñoi
Librería Durán
Bar A Farola
Argentinos Burguer
Bar Porto- Taberna de Ouzande
Bar Andalucía
I.E.S. García Barros

Read more...

Dairas libro e DVD

>> 2 may 2011

Xa presentamos o poemario e dvd de Dairas. ( prensa )
Agora teremos que vender 1000 libros para recadar 10.000 euros e envialos ó campamento de refuxiados de Tindouf.
Alumnos e alumnas que traballastes tan duro.... agora estamos moi preto do final!!
Segundo informou o profesor Carlos Loureiro, é probable que o vindeiro venres trece de maio, poidamos facer unha presentación no MOME da Estrada. Ainda non está confirmado o día e a hora, pero é probable que sexa ese día. Atentos ó blog, en canto saibamos os detalles xa o publicamos.

Read more...

think1tv

>> 29 abr 2011

Moitas grazas a THINK1TV por subir a curtametraxe Dairas á súa tv.
Think1tv é un proxecto fascinante, que puidemos descubrir no Congreso Nacional de Educación 2.0
Podedes entrar e ver o seu proxecto, e tamén podedes ver " Dairas " en portada, no apartado " Outras voces"

Read more...

Dairas educación

>> 25 mar 2011

Dairas estará presente en numerosos foros educativos.
29 marzo:  I.E.S Antón Losada e Nº 1 de A Estrada
13, 14 e 15 de abril:  II Congreso Escuela 2.0 - Zaragoza ( congreso nacional de educación )
29 abril: I.E.S Aller Ulloa de Lalín
30 abril:  IES Universidade Laboral de Culleredo ( xornadas de innovación educativa )

As ponencias dos congresos e conferencias serán levadas a cabo por:
Miguel Ángel Carbajal Porto: Autor e Director de  " Dairas "
Xoán Xosé Pérez Vieitez: Director artístico.
Grazas a tódolos profesores/as que participastes, de unha ou outra maneira, neste traballo.
Pero sobre todo, grazas a vós... alumnos/as que fixestes posible que ese soño se convirta en realidade !!!
Uns  " bonecos de plastilina " lembrades ?


Read more...

Premios á innovación educativa

>> 22 feb 2011

Premios

Preme

Read more...

Suma e segue...

>> 7 ene 2011

Dairas proxéctase na mostra Audiovisual de Vedra

http://senunpeso.org/index.php/mostra.html

Read more...

Fotografías cabeceira e laterais

Mamen Fernández Blanco

  © Blogger templates Sunset by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP