Agradecemento ó Concello de Vila de Cruces

>> 28 abr 2010



O auditorio de Vila de Cruces, foi o lugar elixido para a gravación.
O noso maior agradecemento ó Excelentísimo concello de Vila de Cruces pola amabilidade á hora de dispoñer do auditorio... piano...
O lugar é ben fermoso

Read more...

Cesáreo Torres. Tenor.



O Tenor Cesáreo Torres Deixounos moi bo sabor de boca coa súa interpretación. Cada toma de son era matizada de forma meticulosa, para que teñamos máis posibilidades á hora de escoller o mellor para Dairas.
É moi importante para Dairas contar con esta interpretación De Cesáreo e Fátima. Realza os valores da música ao vivo e pon de manifesto a entrega e adicación dos seus intérpretes.
A experiencia foi moi positiva...
Grazas de novo Cesáreo

Read more...

Técnico de son.


Miguel Novás, técnico de son da radio galega. Foi o responsable de inmortalizar o momento tan fermoso que poidemos vivir esta tarde. Estivo moi atento e amable no seu traballo. Sempre disposto a facer unha nova toma si fora necesario...moitas grazas Miguel

Read more...

Fátima Blanco ó piano



Fátima estivo fantástica na gravación do lied de Shubert "Mio ben ricordati "
Os nervios estiveron en lugar seguro e baixo control. O colín utilizado soaba moi ben... a única pega era o pedal de sustain que se escoitaba un pouco. Fátima tivo que improvisar a solución...pisar con moito coidado para que non saíra na gravación. Foron sete tomas das cales cinco son perfectamente válidas. agora só queda elixir a mellor interpretación. A compenetración entre o tenor Cesáreo e Fátima foi estupenda...o resultado...sorprendente.

Read more...

Interior jaima



Esta é a maqueta do interior da jaima. o equipo traballou duro para que todo estivera listo a tempo. Agora tomaremos as fotos do interior para amosar unha parte importante na curta. A vida no interior da " casa " de Ahmed, e as súas rutinas...

Xoan destapa a jaima para que poidamos ver como se vai utilizar ese recurso no fotografado do interior.

Read more...

Jaima principal


Esta é unha fotografía da jaima principal. Un alumno está a dar os últimos retoques...preparando todo para a última toma

Read more...

Ensaio de Fátima Blanco e Cesáreo Torres

>> 27 abr 2010

" Hai momentos nas nosas vidas que quedarán para sempre na pequena materia gris....este sen dúbida é un deles. Foi tan fermoso poder ensaiar o lied de Shubert, con Fátima e Cesáreo, que só por iso xa pagou o esforzo "
O son do vídeo, é o propio da cámara. Imaxinade o resultado final con unha toma profesional...espero que o vexamos pronto...
Unha aperta moi grande a César e Fátima.
" Miguel Carbajal "


Read more...

Fotografías cabeceira e laterais

Mamen Fernández Blanco

  © Blogger templates Sunset by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP