Suma e segue...
>> 7 ene 2011
Dairas proxéctase na mostra Audiovisual de Vedra
http://senunpeso.org/index.php/mostra.html
Etiquetas:
festival
Primeiro premio á innovación educativa
>> 24 nov 2010
Esta é a resolución efinitiva dos premios á innovación educativa.
Categoría ESO/bacharelato:
1º premio:
- Un primeiro premio
Título do proxecto: Dairas
Coordinador: Miguel Ángel Carbajal Porto
Participantes:
· Xoan Xosé Pérez Viéitez
· Álvaro Pérez Vilariño
· María José Varela Frade
Centro educativo: IES Manuel García Barros. A Estrada.
(Pontevedra)
" Alumnos e alumnas que traballastes no proxecto e sobre todo que estivestes nos momentos bos e malos. Os máis comprometidos, e os que máis aportades a tódolos traballos sodes vós...noraboa e grazas polo voso traballo "
Miguel Carbajal
Etiquetas:
premios
Dairas en Curtopia
>> 17 nov 2010
Dairas foi proxectada no día de onte na mostra de animación galega dentro da programación oficial .Certame internacional CURTOPIA de Vigo.
Os profesores Xoán Xosé Pérez e Miguel Carbajal asistiron ó acto e puideron explicar o proxecto aos espectadores.
Os profesores Xoán Xosé Pérez e Miguel Carbajal asistiron ó acto e puideron explicar o proxecto aos espectadores.
É moi emotivo ver proxectada a curta nestes foros. A proxección realizouse no museo de arte contemporáneo " MARCO "
Ó remate do acto xuntámonos os representantes dos traballos seleccionados coa dirección do festival para tomar un pincho...a dirección fíxonos saber que Dairas tivera moi boa acollida.En representación do IES acudiron á cita dous profesores e un alumno que participaron na curta.
Ó finalizar as proxección xuntámonos nun local fantástico onde se respiraba arte por todas partes. Un local moi agradable situado mesmo detrás do museo. Neste espazo compártense numerosas perspectivas artísticas... cadros ou manualidades, e mesmo mesas e cadeiras restauradas e adaptadas por varios artistas, ademais de ser un lugar onde podes tomar algo. Aquí podemos ver a Xoan Xosé e Miguel charlando.....posiblemente sobre un próximo proxecto....
Unha vez máis noraboa a todos/as alumnos/as que fixestes posible este soño...a recompensa é para todos, o mérito é voso. Read more...
Etiquetas:
festival
Carta escrita polo compañeiro e amigo Carlos Loureiro
>> 11 nov 2010
Esta é a carta que esribiu Carlos Loureiro para invitar a participar no proxecto solidario ás/ós amigos poetas de Tabeirós Terra e Cuntis.
Prezado amigo......................:
Tal e como che comentara nun correo anterior sobre o proxecto dunha obra poética solidaria co pobo saharahui e tomando como base referencial a obra de DAIRAS, pois dicirche que isto vai para adiante e xa estamos a traballar polo que che pido a túa colaboración lírica. A idea é que a venda íntegra dos 1000 ou máis libros que se editen vaian para unha escola de Tinduf. Esta obra levaría unha serie de poemas centrados na temática do Sáhara, tan noticiábel precisamente estes días, a súa tradución ao árabe e tamén o DVD da obra DAIRAS. Consideramos que, ademais do seu aspecto solidario, isto pode ser unha ferramenta de traballo nas aulas ou en calquera outro espazo cultural. Como base de inspiración podes tomar toda a información que se poida achar no blog de DAIRAS, presente na nosa páxina web do centro (con pór “ies manuel garcia barros” en google xa vas entrar na nosa páxina e alí, do lado dereito vas encontrar o partado de “dairas”; por desgraza o máis importante está ao comezo, que no blog terás que ir até o final, xa que está temporalmente desde o comezo até agora) onde verás as ideas primixenias do Miguel Carbajal, de como concebiu a obra e demais...
Desde logo que canto antes estean nas nosas mans os poemas, máis pronto poderemos mandalos a traducir e a artellar a obra; pensamos que como máximo interesaría que nos chegasen antes do 11 de Decembro. Gustaríanos poder ter a obra nas nosas mans en xeneiro. Así que nos vaian entrando xa imos traballando, pero para esa data comezamos coa enmaquetación do libro, que levará dúas introducións: unha de Miguel Carbajal, o gran artífice da orixe deste proxecto, e outra do grande mestre, don Xosé Neira Vilas. Canto á extensión, non me gusta pórlle fronteiras á expresión polo que o deixo ao teu dispor. O libro está configurado con 56 páxinas para todo e a previsión está nuns/nunhas 20 autores/-as de Tabeirós-Terra de Montes-Cuntis...
Ben, recibe xa un solidario agradecemento e non dubides en preguntar calquer dúbida.
Carlos Loureiro
Etiquetas:
Solidario
Dairas proxéctase entre os mellores
É un soño feito realidade. Dairas será proxectado nun festival que nos amosa uns traballos da máxima calidade. Obviamente, a nósa calidade técnica non pode igualarse ós traballos profesionais...pero estamos aí...
MOSTRA DE ANIMACIÓN GALEGA – CURTOPÍA 2010
MARTES 9 de NOVIEMBRE de 2010
1) CHECKOUT – Ficción Producciones (2010)
2) 1977 – Peque Varela (2007)
3) RUN WITH THE WOLVES – Irreal Studio (2010)
4) O COIDADOR DE GATOS – Artefacto Producciones (2008)
5) LELO Y LAS ESTACIONES – MCCD (2008)
6) DON SEÑOR E O HOME DO SOÑO – Domovoi Dixital (2007)
7) O PINTOR DE CEOS – Jorge Morais (2009)
8) VICENTA – SAM/IB Cinema (2009)
MARTES 16 de NOVIEMBRE de 2010
1) A NENA QUE TiÑA UNHA SOA ORELLA – Rubén Coca (2009)
2) A MEIGA CHUCHONA – ArteAutor (2007)
3) O RAIO TRANSPARENTE – Pancho Lapeña (2009)
4) DAIRAS - I.E.S. García Barros de A Estrada (2010)
5) PASO A PASO – MCCD (2007)
6) EL TELE CARRITO – MCCD (2009)
7) CRIBBA O VAMPIRO – MATRIUSKA (2008)
Read more...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

