Visita de José Miguel, de Mr. Misto Films

>> 21 ene 2010

O pasado mércores recibimos a visita de Jose Miguel, do departamento de Formación da Produtora Mr. Misto Films. Grazas ás súas explicacións puidemos adentrarnos nos segredos da técnica de animación coñecida como stop motion, e visualizar algúns dos vídeos dos pioneiros do xénero, como Ray Harryhausen.
A visita de José Miguel ( Veru ) foi moi positiva para o grupo. Quizais debido á súa experiencia como formador, puido transmitirnos a ilusión para seguir a traballar nun proxecto tan laborioso. Coñecedor dos atrancos e dificultades técnicas que supón a técnica de stop motion, envorcouse nas cousas positivas e destacou en todo momento que o máis importante é a imaxinación.
Isto é precisamente un dos aspectos máis salientables do noso traballo " adestrar a imaxinación "
Grazas Veru, polo teu apoio e coñecementos compartidos.

0 comentarios:

Fotografías cabeceira e laterais

Mamen Fernández Blanco

  © Blogger templates Sunset by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP