Parabéns!!!

>> 29 nov 2011


Que se me gustou a película? Moito. Verdadeirametne moito. Felicita ás rapaces e rapaces e tamén ao profesorado porque é un traballo que se ve con gusto e emoción.
Tamén disfrutei moito da lectura dos poemas do libro, algúns dos autores e autoras bos e admirados amigos meus.

 


 
Veño de ver o voso traballo e, certamente, aínda estou abraiado e as imaxes e a música fican gravadas na memoria. Os meus máis entusiastas parabéns para ese alto exemplo de solidariedade e arte. Si, señor. Felicita a tod@s da miña parte.

Unha forte aperta,



Estimados compañeiros e compañeiras de profesión do IES Manuel García Barros:
Quero felicitar, así, en fresco, ao IES ao completo e en especial ao equipo DAIRAS por esa marabilla de traballo arredor do Sahara.
 Soubestes, de certo, estar "onde as mans enfrían" para quecer corpo e alma de quen case non ten mans para estender... estivestes alí...
Ata nos silencios se escoitaba a vosa voz potente, a vosa protesta...
Tende por seguro que a vosa canción voará por riba dos tellados do mundo.
Fixestes un traballo magnífico e difícil, moi difícil. Pode que ao alumnado participante non lle acorde en que momento aprenderon a distinguir as "adverbiais" das "de relativo", pero iso non o van esquecer...
Parabéns por tanto.
Ben seguro que chegarán máis recoñecementos, todos merecidísimos.
Unha forte aperta para todo o equipo Dairas

Read more...

Donación 8000 euros

>> 18 nov 2011

Fixéronse entrega de 8000 euros (5000 en metálico e 300 libros, que se encargaron de vender a propia asociación, de momento. Faltan 2000 euros máis da edición do libro dvd, que entregaremos unha vez vendidos todos.
Mesmo cabe a posibilidade de sacar á venda unha segunda edición!!!

Donación Dairas prensa

Read more...

Dairas, unha curtametraxe de animación.

>> 17 nov 2011

Dairas pretende unha reflexión á realidade de miles de persoas que padecen as consecuencias das guerras, das disputas do territorio....
Miles de nenos viven ao límite cada día, coa esperanza de poder cambiar o seu destino.
Este traballo, debe ser quen de transmitirnos a crúa realidade de un campamento de refuxiados, guiados por unha personaxe principal, Ahmed, coa ilusión e convencemento de que é posible unha situación mellor.
As ferramentas a utilizar son a fotografía, modelado de plastilina, música...
Pero o máis importante, a mellor ferramenta coa que contaremos, será o factor humano, a ilusión  e adicación dos nosos alumnos e alumnas " Miguel Carbajal. 

Read more...

Entrega de recadación

O xoves 27 de novembro de 2011, no segundo recreo e na sala de usos múltiples, entregarase a recadación do libro á ONG GALICIA SOLIDARIA CO POBO SAHARAUÍ.
Os fondos serán destinados á construcción dunha escola no campamento de refuxiados de TINDOUF.

Read more...

Fotografías cabeceira e laterais

Mamen Fernández Blanco

  © Blogger templates Sunset by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP