Tres traballos simultáneos.
>> 29 nov 2009
Esta semana dividimos o traballo en tres grupos diferentes. Un deles encargouse de facer outra proba semellante á da semana pasada, fotografando a primeira escena. Outro continuou coa elaboración do decorado e de obxectos necesarios para futuros emprazamentos. O terceiro grupo encargouse de buscar na rede sons que poidan ser empregados na curta, especialmente de armas, para engadirlle ás imaxes unha vez completada a montaxe.
Este martes tamén vimos o resultado das probas realizadas a semana anterior, o que foi moi gratificante.
Este martes tamén vimos o resultado das probas realizadas a semana anterior, o que foi moi gratificante.
1 comentarios:
Ola familia, canto tempo. Estaba intrigado por ese proxecto novo do que me falou me irmán e xa vexo que non perdedes o tempo. Estame entrando un pouco de envexa... dan ganas de repetir segundo de bacharelato. Seguirei atentamente os progresos de "Dairas". Sorte!
PD: dada a temática do proxecto pode que vos guste este video sobre unha representación da guerra de ucrania en area (eu quedei sen palabras).
http://www.youtube.com/watch?v=518XP8prwZo
Plácido
Publicar un comentario