Colaboración de Manuel Pereira en "Dairas"

>> 5 abr 2010

Manuel Pereira Valcárcel (Ouzande-A Estrada), reside en Madrid, onde traballa de mestre. Colabora habitualmente en distintos medios de prensa escrita: Encrucillada, Luzes de Galiza, A freita, Tabeirós terra, O Correo Galego, Carreiros...
Como poeta, ten publicado: "Poemas de cinza" (Madrid 1990), "Todo morte" (Neda - A Coruña, 1998), "Rosa íntima" (A Coruña, 2000), "Inventario de fragmentos" (Santiago de Compostela, 2001), co que conseguiu o premio Rosalía de Castro da Casa de Galicia de Córdoba, e "Libro das viaxes" (Pontevedra, 2003). En prosa publicou "Traxectos curtos" (Santa Comba, 2005).
Aquí podemos ver e escoitar o poeta recitando un poema do seu libro "Todo morte, Ediciós do Castro" adaptado especialmente para utilizar na nosa curtametraxe.

Grazas Manolo, polo poema e pola túa aportación ó proxecto.

0 comentarios:

Fotografías cabeceira e laterais

Mamen Fernández Blanco

  © Blogger templates Sunset by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP