Presentación libro e dvd, un novo paso.
>> 14 may 2011
Na presentación do libro e dvd "DAIRAS" levada a cabo no día de onte 13/05/11 no museo MOME de A Estrada, perante numeroso público, a presidenta da ONG "Solidaridade Galega o Pobo Saharauí" dona; Maite Isla, fixo público o seguinte:
"Despois de teren unhas conversas co Ministerio, decidimos que os cartos da recadación do libro e dvd, serán empregados en abrir unha nova escola nos campamentos de Tindouf, esta nova escola levará o nome do voso IES Manuel García Barros"
A noticia, inesperada, emocionounos a todos. Non só aos implicados, senón tamén aos que asistiron ao acto, que por certo, foron moitos e mercaron moitos libros.
Na mesa estiveron:
Marta Rodriguez, como representante dos alumnos/as.
Gisele Maisa, directora do IES.
Maite Isla, presidenta Galicia Solidaria co Pobo Saharauí.
Carlos Loureiro, como coordinador do libro.
Miguel Carbajal, como autor e director da obra Dairas.
Entre os asistentes tamén contamos coa presencia dos poetas que colaboraron no libro, a diseñadora da portada, a familia Abdulkader Sande ( responsables da tradución ó árabe dos poemas ) o director do MOME, Xosé Luna. Tamén contamos coa prencia do concelleiro de cultura, Sr. Sanmartín Obelleiro, en representación do Concello de A Estrada . O cal fixo entrega de un agasallo a Miguel Carbajal, como director do Taller de Creación Artística do IES García Barros.
Tamén contamos coa presencia de numerosos alumnos/as que participaron no traballo, e como non, sempre presente e disposto a traballar, Xoán Xosé Pérez; director artístico de Dairas.
Noraboa a todos/as que confiastes no proxecto e aportastes o voso traballo.
Miguel Carbajal.
0 comentarios:
Publicar un comentario