"El hospital", por Abel
>> 29 ene 2010
Aquí temos un novo exercicio de stop motion con figuras de plastilina. Fixémonos nos movementos da cámara: planos medios, primeiros planos, etc, e tamén, como non, nos efectos especias do eletrocutamento...
Un dos avances máis salientables son os efectos das sombras do personaxe principal e, os efectos de luz sobre o "enfermo" . Hai que fixarse ben porque despois da descarga podemos apreciar o resultado das queimaduras...
Tamén destacaría a iluminación do fondo no momento da descarga. Utiliza un foco de man que vai cambiando en cada toma. Isto produce un efecto de iluminación por parte do desfibrilador...
Pois..a seguir traballando que isto promete
0 comentarios:
Publicar un comentario