Kiko Loureiro colabora con Dairas
>> 23 may 2010
O guitarrista brasileño Kiko Loureiro vén de contestar ao noso correo, onde lle pediamos a súa autorización para usar dous dos seus temas na Banda Sonora Orixinal de Dairas: "Beautiful language" e "Choro de criança", ámbolos dous dos seu disco No Gravity (2004).
Na súa resposta, Kiko, xenerosamente, concédenos a licenza para usar a súa música na nosa BSO, e pídenos que lle mandemos unha ligazón para poder ver o resultado final.
Grazas Kiko, cando todo remate poderás ver o traballo.
0 comentarios:
Publicar un comentario