Última toma
>> 30 may 2010
Agora sí. Esta é a última toma que fotografamos. Máis de 150 fotos darán como resultado unhas imaxes da nai de Ahmed amasando pan. Queremos con isto amosar a súa rutina diaria.
Aquí vemos os segredos da montaxe. Se nos fixamos ben podemos apreciar un pauciño negro na saia da nai, que serve para asegurar que non se mova do sitio. Fixádevos no pó branco que foi feito raspando unha tiza, para dar maior realismo ao que está a facer.
Tivemos que facerlle tamén un corte co cúter co que poder suxeitar ben a plastilina que leva nas mans (co movemento que debe facer para amasar caía e daba moitos problemas). O resultado é satisfactorio, sobre todo se pensamos nos medios empregados.
Xa está montado o vídeo. O movemento queda bastante natural. É unha das tomas que tivemos que repetir varias veces debido á súa dificultade. Está listo por fin.
Con esta sesión rematamos o traballo fotográfico e superamos ben as 10.000 fotografías. Nin os máis optimistas podíamos pensar, no mes de outubro, que chegaríamos tan lonxe.
Agora agarda esperar a estrea e desexar que todo o equipo disfrute dos resultados.
0 comentarios:
Publicar un comentario