Ahmed cobra vida
>> 30 mar 2010
Estamos cada vez máis cerca de rematar as tomas exteriores.
Hoxe fotografamos catro tomas de dúas escenas diferentes. En total 1046 fotos.
A toma máis complexa foi aquela en que utilizamos varios personaxes á vez. Tiveron que facer movementos coordinados nunha especie de xogos rítmicos. A area non está a ser a nosa aliada. Cada vez que cae un personaxe temos que limpalo ben e volver ó paso anterior. Engádese tamén os pequenos movementos da area en canto pousamos unha man para fotografar.
Tamén puidemos darlle vida ó noso neno protagonista lendo no seu querido libro.
Ahmed é un neno que quere saír do inferno en que está a vivir e sabe que a súa saída é o estudo.
Ten unha boa influencia, porque o seu pai é unha persoa moi estudosa e gústalle moito a lectura. Por desgraza a nai ten bastante traballo coas tarefas familiares. Asemade forma parte do comité de reparto de alimentos dunha daira.
Ahmed está a punto de tomar unha decisión que será fundamental para a súa vida.
0 comentarios:
Publicar un comentario