A cámara dixo basta!
>> 27 mar 2010
Hoxe é un día un pouco especial. Por unha banda moi positivo e por outra para esquecer.
Pola mañá todo foi moi ben, o grupo de maqueta e plastilina traballou moi, moi duro, e conseguíu avanzar moito. O equipo de montaxe tamén avanzou bastante, no retoque de fotografías, efectos especiais e cromakey. Xa conseguimos poñer a voz do noso compañeiro Arturo ao seu personaxe e pinta bastante ben a cousa.
O equipo de rodaxe, no cal estaba eu precisamente, tamén traballou ben pola mañá. Como temos gañas de ver o traballo avanzado decidimos seguir pola tarde coa rodaxe.
Este é o momento máis amargo. Despois de levar 470 fotos, que está moi ben, a cámara dixo que non seguía traballando. Nun primeiro momento pensamos que sería cuestión de pilas ou algo así. Despois de comprobar todo, decidín chamar a Xoque para ver se ao xefe tamén se lle resistía.
Tardou ben pouco en desmantelar a cámara e comprobar que o espello interno rompeu: demasiado traballo.
Agora teremos que continuar o luns coa cámara do insti, porque a de Xoque tardará máis de unha semana en ser reparada. Aínda por riba estamos en semana santa....
En fin, debemos seguir traballando moi duro para poder rematar no prazo que nos fixamos. Hai que ter moita confianza no proxecto e pensar que ós protagonistas de Dairas non lles molesta que rompa unha cámara de fotos, o que máis lles molesta e pasar fame, calor, sufrimento...
Iso si que son problemas
0 comentarios:
Publicar un comentario