Escenas do hospital
>> 31 mar 2010
Rematamos.
Hoxe tiñamos previsto rematar as tomas exteriores e así foi.
Pola mañá puidemos rematar unha toma onde vimos a Ahmed e ó seu amigo nunha situación extremadamente grave.
Contamos con dúas persoas de modelaxe e, grazas a elas, avanzamos un pouco máis do previsto.
Xa pola tarde comezamos coas tomas do hospital. A parte máis lenta son os preparativos. Xoque colocou de novo a luz para adecuala a un interior dun hospital no deserto. O resultado é fantástico.
A iluminación chega só dende fóra, a través das fiestras, e as imaxes son moi fermosas.
En total fixemos nas dúas sesións unhas 470 fotos.
Mañá tócalle á escola. A iluminar de novo.
A avantaxe que temos agora é que non traballamos na area e aínda que caia unha personaxe non se mancha.
Tamén estivemos repasando todos os vídeos. É posible que teñamos que repetir unha toma dunhas 350 fotos, porque foi cando se avariou a cámara e nótase bastante o cambio.
Isto é como unha carreira de fondo. Primeiro comezas moi forte, logo o traxecto aburrido, km tras km.
Ao final sempre faltan forzas, pero como coñecemos a sensación, sabemos que se as forzas menguan é que a meta está cerca.
0 comentarios:
Publicar un comentario